Minia Manteiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Minia Manteiga
Datos persoais
Nacemento1963
LugarNegreira
Actividade
Campoinvestigadora
editar datos en Wikidata ]

Minia Manteiga Outeiro, nada en Negreira en 1963, é unha astrofísica galega.[1] En 2018 converteuse na primeira muller catedrática de Astrofísica de Galicia,[2] e en 2020 na primeira muller da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da Real Academia Galega das Ciencias.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manteiga comezou a carreira de Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os tres primeiros cursos,e logo especializouse en Astrofísica na Universidade de La Laguna.[4] Realizou a súa formación doutoral no Instituto de Astrofísica de Canarias, e posdoutoral no Istituto di Astrofísica Spaziale (Frascati-Roma, Italia) e no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA, Madrid).[5]

Entre os anos 1994 e 1999, impartiu clase na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, e dende entón exerce como docente na Escola Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.[6]

A súa investigación céntrase no estudo da evolución estelar, astrofísica espacial e a Big Data Astronomy. Forma parte do equipo galego da misión Gaia, da Axencia Espacial Europea (ESA), na que participan máis de 450 científicos e enxeñeiros doutros 23 países co obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da Vía Láctea.[7]

En 2019 foi galardoada co Premio e-Woman a la Trayectoria Profesional.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia" (PDF). 7H Cooperativa Cultural. Consultado o 3-8-2020. 
  2. Rey, Manuel (2018-10-11). "Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica de Galicia". GCiencia. Consultado o 2020-08-03. 
  3. Rey, Manuel (2020-03-06). "Minia Manteiga: "Darei todo o que poida para achegar a Astrofísica á sociedade"". GCiencia. Consultado o 2020-08-03. 
  4. "La primera catedrática gallega en Astrofísica es de Barcala". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-03. 
  5. "Ingreso de Minia Manteiga". Consultado o 2020-08-03. 
  6. Referentes. "Minia Manteiga Outeiro". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-08-03. 
  7. Redacción (2016-09-14). "A misión Gaia obtén a primeira imaxe completa da Vía Láctea". GCiencia. Consultado o 2020-08-03. 
  8. laopinióncoruña.es. "Minia Manteiga, premio a la Trayectoria Profesional by Caixabank". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-08-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]