Claudia Alexander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Claudia Alexander
Claudia Alexander.jpg
Nacemento30 de maio de 1959
 Vancouver
Falecemento11 de xullo de 2015
 Os Ánxeles
CausaCancro de mama
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Michigan, Universidade de California en Berkeley e Universidade de California, Os Ánxeles
Ocupaciónastrónoma, xeofísica, científico planetario e xeóloga
editar datos en Wikidata ]

Claudia Joan Alexander, nada en Vancouver, Columbia Británica (Canadá) o 30 de maio de 1959 e finada en Arcadia, California, o 11 de xullo de 2015, foi unha científica estadounidense que se especializou en xeofísica e ciencias planetarias.[1][2] Traballou no Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos e no Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA . Foi a última directora de proxectos da misión Galileo da NASA en Xúpiter e até a súa morte traballou como directora de proxectos da NASA e científica na misión Rosetta da Axencia Espacial Europea para estudar a Cometa Churyumov - Gerasimenko. [3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alexander creceu en Santa Clara, California. A súa nai, Gaynelle era bibliotecaria corporativa en Intel e o seu pai, Harold, traballador social. Quería ser xornalista, pero os seus pais -que pagaron a súa educación- querían que estudase enxeñaría.[4] Despois dun traballo de verán no Centro de Investigación de Ames, interesouse pola ciencia planetaria . Aínda que foi contratada para traballar na sección de enxeñaría, escapou á sección de ciencias onde descubriu que non só era boa no traballo, senón que era máis sinxela e agradable para ela do esperado.[5]

En 1983, Alexander obtivo un título de licenciada na Universidade de California en Berkeley en xeofísica e un máster en xeofísica e física do espazo na Universidade de California, Os Ánxeles en 1985. A súa tese maxistral empregou datos do Pioneer Venus Orbiter para estudar as variacións do ciclo solar na radiación ultravioleta extrema da ionosfera de Venus e a súa interacción co vento solar . Recibiu o seu doutoramento en Ciencias atmosféricas, oceánicas e espaciais, especializándose en física do plasma espacial, pola Universidade de Michigan en 1993.[6][7]

Alexander traballou no Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos estudando a tectónica de placas no Centro de Investigación de Ames observando as lúas de Xúpiter, antes de trasladarse ao Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA en 1986.[7] Traballou como coordinadora científica da instrumentación de ondas de plasma a bordo da nave espacial Galileo antes de converterse no líder da misión na súa fase final. A misión descubriu 21 novas lúas de Xúpiter e a presenza dunha atmosfera sobre Ganímedes.[8] O descubrimento da atmosfera, máis precisamente unha " exosfera de superficie limitada", levou aos científicos a repensar a suposición de que Ganímedes era a lúa inactiva.[8] Foi a directora final do proxecto da misión e supervisou a inmersión da nave espacial na atmosfera de Xúpiter á conclusión da misión en 2003.[1]

Alexander traballou como investigadora en diversos temas, incluíndo: a evolución e a física interior dos cometas, Xúpiter e as súas lúas, magnetosferas, tectónica de placas, plasma espacial, descontinuidade e expansión do vento solar e do planeta Venus. Tamén traballou co equipo do proxecto como coordinadora científica da misión Cassini en Saturno.[7]

Foi unha forte defensora das mulleres e das minorías nos campos STEM e unha apaixonada comunicadora de ciencias.[8] En abril de 2015, presentou unha charla TEDx no Columbia College Chicago.[9] [10] Tamén animou aos mozos, especialmente ás mozas de cor, a dedicarse á ciencia.[11]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

No ano da súa graduación na Universidade de Michigan, foi nomeada "UM Woman of the Year in Human Relations", e no 2002 gañou o premio Alumni para Ciencias atmosféricas, oceánicas e espaciais.[6]

En 2003, Alexander recibiu o Premio de Honra Esmeralda ás Mulleres da Cor en Investigación e Enxeñaría por Career Communications Group, Inc., editora da revista Black Engineer & Information Technology, na Conferencia Nacional Women of Color Research Science and Technology. [12]

A bolsa Claudia Alexande, para os estudantes de estudos universitarios de bacharelato en 2007, foi creada na súa honra polo seu tío, Jiles Williams.[6] A bolsa apoia a estudantes que necesitan centros de especialización en Ciencias do Clima, Espazo e Enxeñaría na Universidade de Michigan College of Engineering. [13]

Alexander foi membro da Unión Xeofísica Americana, onde ocupou a presidencia do Subcomité de Diversidade e da Asociación de Mulleres Xeocientíficas, e onde foi nomeada "Muller do ano". [7][8]

En 2015, o persoal científico da misión Rosetta da Axencia Espacial Europea honrouna dándolle o seu nome a unha característica do cometa 67P / Churyumov-Gerasimenko. [14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Pioneering Rosetta mission scientist Claudia Alexander dead at 56". The Chicago Defender (en inglès). 2015-07-18. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  2. Roberts, Sam. "NASA scientist Claudia Alexander, who helped direct Galileo probe, dies at 56". The New York Times (en inglés). 
  3. "Claudia Joan Alexander, geofísica". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-05-30. Consultado o 2020-05-31. 
  4. Gombosi, Tamas I. (2016). "Claudia Joan Alexander (1959–2015)". Eos 97. doi:10.1o29/2016EO043367. 
  5. "Claudia Alexander. Space Physicist". Association for Women Geoscientists. Consultado o 31-4-2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Allison Lyons (13 xullo 2015). "In memoriam: Claudia Alexander". Michigan Engineering (en inglès). 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Dr. Claudia J. Alexander". Windows to Universe. Consultado o 31-5-2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Claudia Alexander, Beloved NASA Project Scientist, Dies at 56". Space.com. 
  9. "TEDxColumbiaCollegeChicago". www.ted.com. Consultado o 31-5-2020. 
  10. "The Compelling Nature of Locomotion". 2015-12-03. Consultado o 31-5-2020. 
  11. Klawe, Maria. "Increasing Education Opportunities For Minorities In STEM". Forbes (en inglés). Consultado o 2020-06-12. 
  12. "Research Scientist Receives National Minority Award". JPL. 
  13. "Give to CLaSP". Collefe of engineering.Climate and Space Sciences and Engineering. University of Michigan. Consultado o 31-5-2020. 
  14. "Comet Feature Named After Late NASA Scientist Claudia Alexander". JPL. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]