Kirstine Meyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKirstine Meyer
Biografía
Nacemento(da) Kirstine Bjerrum Editar o valor em Wikidata
12 de outubro de 1861 Editar o valor em Wikidata
Skærbæk, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Hellerup, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Copenhague - Doutor en filosofía (–1909)
Universidade de Copenhague - magister degree (en) Traducir (1885–1892) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónredactora xefe (1902–1913), mestra (1885–1902), mestra (1882–1885), física Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJannik Petersen Bjerrum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Kirstine Bjerrum Meyer, nada en Skærbæk (Dinamarca) o 12 de outubro de 1861 e finada o 28 de setembro de 1941,[1] foi unha física danesa. Foi profesora de secundaria durante moitos anos, ao mesmo tempo que investigaba en física.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou a Medalla de Ouro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras en 1899, polo seu estudo sobre a existencia dunha ecuación xeral de estado para todos os corpos fluídos, un artigo titulado Om overensstemmende Tilstande hos Stofferne. Doutorouse en física na Universidade de Copenhague en 1909, converténdose na primeira muller danesa en obter un doutoramento en ciencias naturais.[3] A súa tese, Tempurbegrebets Udvikling gennem Tiderne (O desenvolvemento do concepto de temperatura ao longo do tempo), é un estudo da historia do concepto de temperatura.

En 1902 Meyer fundou Fysisk Tidsskrift, a revista danesa de física. Foi a súa editora ata 1913.

En 1925, ela recibiu a Tagea Brandt Rejselegat.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marilyn Bailey Ogilvie, de la Joie Dorothy Harvey, Meyer-Bjerrum, Kirstine, Le Dictionnaire Biographique des Femmes dans les Sciences: L–Z, Routledge, 2000, pp. 890-891; ISBN 0-415-92040-X
  2. "Kirstine Bjerrum Meyer, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-10-12. Consultado o 2020-03-28. 
  3. Finn Aaserud, la Vulgarisation et les Gens (1911-1962), Volume 12 (Niels Bohr – Œuvres complètes), Elsevier Science, 2007, p. 122; ISBN 0-444-52946-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]