Leticia Cunqueiro Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeticia Cunqueiro Méndez
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4253237

Leticia Cunqueiro Méndez, nada en Vigo en 1981, é unha física galega. Acadou unha bolsa Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) para desenvolver unha investigación sobre física de partículas no CERN de Xenebra. [1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesora de Física na universidade Sapienza de Roma. É licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Física de Partículas pola mesma universidade en 2008.[3] Posteriormente realizou un posdoutoramento no Instituto Nacional de Física Nuclear de Italia, un posdoutoramento no CERN, e traballou no Laboratorio Nacional de Oak Ridge (Estados Unidos), na Universidade de Münster, en Alemaña e na Ecole Polytechnique de París.[1]

Traballou no experimento ALICE do CERN estudando chorros (‘jets’) de enerxía e en 2021 incorporouse ao proxecto CMS, outro dos grandes experimentos que operan no grande acelerador de partículas, onde desenvolverá a liña de traballo financiada pola bolsa Consolidator Grant para afondar na cromodinámica cuántica.

Publicou "A praia" no nº 228 de Grial (2020, tomo XVIII).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Redacción (2020-12-14). "A física Leticia Cunqueiro, seleccionada na convocatoria Consolidator Grant". GCiencia. Consultado o 2020-12-18. 
  2. Penelas, Sandra (2020-12-14). "La física de partículas viguesa Leticia Cunqueiro logra una Consolidator Grant de 1,8 millones". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  3. penelas, sandra (2011-03-20). ""Hay mucha expectación y energía entre los científicos del gran acelerador"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]