Montse Calleja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montse Calleja
Nacemento20 de abril de 1973
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncientífica e física
PremiosSpanish National Team of Science
editar datos en Wikidata ]

Montse Calleja, nada en Ourense o 20 de abril de 1973,[1] é unha física galega especializada en nanotecnoloxía e biosensores, é unha investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Microelectrónica de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros anos viviu primeiro en Cercedilla e logo na Coruña. Estudou Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid cunha tese na área de nanotecnoloxía.[2][3]Grazas a unha bolsa postdoctoral traballou no Microelectronics Center (MIC), en Dinamarca, con Annia Boysen. Tamén fixo estadías de investigación en Italia e Xapón.

É cotitular de dez patentes[4], publicou 53 artigos, dous deles en Nature Nanotechnology. É a xefa do grupo de investigación Bionanomechanics Lab, no CSIC.[5] Liderou o proxecto NANO FOR CELLS, unha das prestixiosas Starting Grant concedida polo Consello Europeo de Investigación, que ten como obxectivo o estudo das propiedades mecánicas das células e a súa relación co cancro.[6]Máis tarde centrouse no proxecto Liquid Mass, de estudo das proteinas a través de sensores nanomecánicos.[2]

É co-fundadora da empresa Mecwins, pioneira na comercialización de biosensores nanomecánicos.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Concedéuselle o premio Miguel Catalán 2012 para investigadores menores de 40 anos.[7]
  • En 2018 foi recoñecida pola revista QUO como unha das científicas españolas máis importantes, dentro da chamada Selección Española da Ciencia.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amestoy, Ignacio (22 de abril de 2013). "Montse Calleja,esa Marie Curie" (PDF). El Mundo: 50. 
  2. 2,0 2,1 Gil Villar, Pilar (3 de decembro de 2018). "Montserrat Calleja: "Nuestra ilusión es que los instrumentos que desarrollamos en este laboratorio puedan usarse algún día en un hospital"". Quo (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  3. González, Jorge Yáñez (9 de novembro de 2013). "Mujeres y Ciencia: MONTSERRAT CALLEJA". Mujeres y Ciencia. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  4. "BioNanoMechanics Lab". www.imm-cnm.csic.es. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  5. "BioNanoMechanics Lab". www.imm-cnm.csic.es. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  6. "Montse Calleja, esa Marie Curie" (PDF). 
  7. "Montse Calleja". 
  8. "Presentamos a la Selección Española de Ciencia 2018". Quo (en castelán). 26 de novembro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]