Daphne Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDaphne Jackson
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Peterborough, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Guildford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of the Women's Engineering Society (en) Traducir
1983 – 1985 – Linda Maynard (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónPeterborough County Grammar School for Girls (en) Traducir
Imperial College London
Universidade de Surrey Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesora de física
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Daphne Frances Jackson, nada en Peterborough (Reino Unido) o 23 de setembro de 1936 e finada en Guildford o 8 de febreiro de 1991, foi unha física nuclear. En 1971 foi a primeira muller profesora de Física no Reino Unido. Recoñecida coa Orde do Imperio Británico en 1987. Un legado tras a súa morte permitiu a fundación da Daphne Jackson Trust.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daphne Jackson foi á Escola primaria do condado de Peterborough para nenas, desde onde puido postularse para facer Física no Imperial College London.[1] Foi unha das dúas únicas alumnas nun curso de 99 estudantes.[2]

Jackson foi á Universidade de Surrey para estudar Física nuclear, convidada por Lewis Elton ao converterse en xefe do departamento de Física do Battersea College of Advanced Technology.[3] Foi profesora alí e obtivo o seu doutoramento no ano 1962.[4]

En 1971, Jackson converteuse na primeira profesora de Física de Gran Bretaña cando foi nomeada pola Universidade de Surrey,á idade de 34 anos[2].[4] Foi decana da Universidade e ocupou outros postos. Ocupou un posto de dirección no Servizo Meteorolóxico Nacional do Reino Unido e foi presidenta da Women's Engineering Society e vicepresidenta do Institute of Physics, despois de ser o seu membro máis novo.[3][5]

Jackson fixo campaña polos dereitos das mulleres e decepcionouse ao ver que as mulleres con talento quedaban en traballos humildes porque non podían volver a retomar a súa carreira despois dun descanso. En 1985, Jackson ideou un plan para axudar a estas mulleres permitíndolles traballar durante dous anos para que puidesen adaptarse á súa disciplina despois de tomarse un descanso para ter un fillo, ser coidadoras ou simplemente seguir a carreira do seu esposo en lugar da súa propia.[4] Jackson dixo: "Imaxina unha sociedade que permitiría a Marie Curie apilar andeis nun supermercado simplemente porque tomou un descanso na súa carreira por razóns familiares".[6]

Publicou 55 artigos sobre o uso da física nuclear en medicina. Recoñecida coa Orde do Imperio Británico no ano 1987. Morreu en Guildford en 1991 de cancro, enfermidade que axudaba a combater a través do seu traballo co Instituto de Investigación do Cancro e o Hospital Royal Marsden.[3]

Legado[editar | editar a fonte]

A Medalla e o Premio Daphne Jackson, establecidos en 2016, na súa honra, son outorgados polo Institute of Physics "a contribucións excepcionais noveis en educación sobre Física e para ampliar a participación dentro dela".[7]

O Daphne Jackson Trust foi fundado en 1992, baixo o seu legado, co fin de axudar a moitas persoas talentosas a regresar ás súas carreiras STEM despois de ter unha familia ou facer unha pausa na súa carreira.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrett, Anne (Archivist),. Women at Imperial College : past, present and future. New Jersey. ISBN 978-1-78634-262-1. OCLC 962171706. 
  2. 2,0 2,1 "The first female physics professor". neutronsources.org. Consultado o 2023-12-22. 
  3. 3,0 3,1 3,2 R. C. Johnson, E. A. Johnson, 'Jackson, Daphne Frances (1936–1991)', Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 accessed 18 outubro 2012
  4. 4,0 4,1 4,2 Biography of Daphne Jackson, Daphne Jackson Trust, outubro 2012
  5. "Daphne Frances Jackson, física nuclear". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-09-23. Consultado o 2020-03-28. 
  6. "Memorandum to the Parliamentary Select Committee on Innovation, Universities and Skills, Memorandum 50". 27 marzo 2008. Consultado o 31 outubro 2012. Professor Daphne Jackson ... summarised the issue of women returners most succinctly by saying "Imagine a society that would allow Marie Curie to stack shelves in a supermarket simply because she took a career break for family reasons". 
  7. "Daphne Jackson Medal and Prize". Institute of Physics. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 xullo 2018. 
  8. "Our history – Daphne Jackson Trust". Consultado o 2019-05-18. 

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]