Sexismo

O sexismo é a discriminación baseada no xénero ou sexo. Tamén se refire ás características e comportamentos que se atribúen tradicionalmente ao home ou á muller[1].
As actitudes sexistas sostéñense en crenzas e estereotipos tradicionais sobre os distintos roles de xénero. A discriminación sexual non é só un concepto dependente de actitudes individuais, senón que se atopa incorporado en numerosas institucións da sociedade. A miúdo o sexismo é asociado con argumentos sobre a supremacía de xénero[2].
Existen varias clasificacións posibles do sexismo atendendo a distintos criterios:
- Contra mulleres: este tipo de sexismo é o máis común e vai dirixido cara persoas cuxo sexo biolóxico se corresponde coa súa identidade de xénero (feminino). Este tipo de sexismo é tamén coñecido como misoxinia[2], que significa “odio ás mulleres” e pode derivar tamén da crenza na supremacía do xénero masculino.
- Contra transexuais: este tipo de sexismo aplícase a persoas cuxa identidade de xénero non se corresponde co seu sexo biolóxico. É especialmente grave, xa que estes ataques discriminatorios se suman á ansiedade e á dor emocional que de por si produce a disforia de xénero, un fenómeno psicolóxico[2] que se dá nalgunhas persoas transexuais.
- Contra homes: este tipo de sexismo está moi relacionado co concepto de misandria, é dicir, a aversión cara os homes en xeral. Pódese dicir que é o tipo de sexismo menos común.
- Sexismo normativo: este tipo de sexismo non se expresa a través da violencia, pero tampouco ten nada que ver coa aparente amabilidade que adoita exhibir. No sexismo normativo a expresión tácita dunha afirmación nos roles de xénero tradicionais non se xustifica en nada que non sexa o propio costume costume. Preguntar a unha muller, por exemplo, sobre cando ten pensado atopar un marido que a manteña é un exemplo deste tipo de sexismo.[3]
- Sexismo hostil: plásmase en actitudes e accións baseadas na hostilidade, a agresividade e a violencia física ou simbólica. Por exemplo, dar golpizas a alguén polo seu xénero é unha forma clara de sexismo deste tipo. Algúns subtipos desta clase de sexismo son os seguintes:
- Por transgresión do doméstico: sexismo baseado no rexeitamento a que a muller acceda á faceta pública da sociedade, é dicir, aquela que está máis alá das tarefas domésticas e reprodutivas.
- Por cuestións sexuais: a través deste inténtase vulnerar o modo no que se experimenta a propia sexualidade[4].
As prácticas sexistas afectan principalmente ás mulleres[5] dada a vixencia de crenzas culturais que as consideran inferiores ou desiguais aos homes por natureza.
Sexismo na literatura[editar | editar a fonte]
Nunha sociedade patriarcal, anterior mesmo ao nacemento da literatura, son homes quen protagonizan os libros, quen os escriben e quen os editan, e en moitos casos ao longo da Historia tamén quen os len case en exclusiva, en tanto que destinatarios naturais. Co avance da igualdade de dereitos, desde o momento en que a muller accede a postos públicos e privados antes impensables para ela, accede tamén á Universidade e comeza a acceder aos sistemas literarios máis alá da excepcionalidade[6].
Mais aínda hoxe resulta común a crenza de que as mulleres só len novelas románticas e/ou eróticas pois apelan a emocións como a dor, a vinganza ou a perda, que un home non sentiría. A Romance Writers of America (RWA) sinala que en 2013 as vendas de novelas románticas ascenderon a máis de 1000 millóns de dólares, o 13% da literatura consumida no ano en Estados Unidos. E entre 2010 e 2015 vendéronse 39.8 millóns de copias físicas (máis de 257.53 millóns de dólares) só no Reino Unido. No entanto, a pesar de ser unha das industrias literarias máis fortes pola súa tradición, enfróntase a prexuízos como o de xénero e o da composición narrativa das súas historias. A RWA estima[7] que o 84% dos lectores de novelas románticas son mulleres, de entre 30 e 54 anos principalmente (41%).
Sexismo na linguaxe[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O sexismo tamén se considera nos usos que se fan da linguaxe, por exemplo, ao empregar o masculino como xenérico[8].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Exprésate sin sexismo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 19 xuño 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Sexismo". Consultado o 19 xuño 2017.
- ↑ "Sexismo". Consultado o 19 xuño - 2017.
- ↑ "Psicología y mente". Consultado o 19 xuño 2017.
- ↑ "definición.de". Consultado o 19 xuño 2017.
- ↑ "Sexismo en Literatura". Dragón Mecánico. Consultado o 19 de xuño 2017.
- ↑ "Book-publishing’s naughty secret". The Economist. Consultado o 19 de xuño 2017.
- ↑ https://www.dacoruna.gal/files/7914/0499/7263/guia-caderno-linguaxe-non-sexista.pdf