Karen Uhlenbeck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKaren Uhlenbeck

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Karen Keskulla Editar o valor em Wikidata
24 de agosto de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Brandeis - Mestrado, Doutoramento (–1968)
Instituto Courant de Ciências Matemáticas (pt) Traducir (–1965)
Universidade de Míchigan - grao en Artes (–1964) Editar o valor em Wikidata
Director de teseRichard Palais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoria de gauge (pt) Traducir, ecuación en derivadas parciais, sistema integrável (pt) Traducir, análise matemática, xeometría e física matemática (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria , matemática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Texas en Austin, profesor emérito (1988–)
Universidade de Chicago (1983–1988)
Universidade de Illinois Chicago (pt) Traducir (1976–1983)
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (1971–1976)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enAnálise matemática Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoCaio José Colletti Negreiros (en) Traducir, Robert B. Lockhart (en) Traducir, Bonita Hart Driscoll (en) Traducir, Steven Sedlacek (en) Traducir, James Wade McDonald (en) Traducir, Steven Benjamin Bradlow (en) Traducir, Johan Råde (en) Traducir, Brendan Sean Guilfoyle (en) Traducir, Georgios Daskalopoulos (en) Traducir, Fergus Rae O'Dea (en) Traducir, Mark Haskins (en) Traducir, Louis Crane (en) Traducir, Andre Luís Godinho Mandolesi (en) Traducir, Antonella Marini (en) Traducir, Jonathan Adam Poritz (en) Traducir, Alexander Goncalves (en) Traducir, Michael Sebastian Gagliardo (en) Traducir, Andrea Nicole Young (en) Traducir e Magdalena Czubak (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOlke C. Uhlenbeck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGeorge Uhlenbeck (sogro) Editar o valor em Wikidata

Karen Keskulla Uhlenbeck, nada en Cleveland o 24 de agosto de 1942 é unha profesora e catedrática de matemáticas na Universidade de Texas en Austin.[1][2][3]

En 2019, Uhlenbeck converteuse na primeira muller que gañou o premio Abel,[4] "polas súas pioneiras achegas sobre ecuacións en derivadas parciais xeométricas, a teoría de gauge e os sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría e física matemática".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Uhlenbeck recibiu o seu Bachelor of Arts (1964) na Universidade de Míchigan.[1][3] Comezou os seus estudos de graduación no Courant Institute of Mathematical Sciences na Universidade de Nova York, e casou co biofísico Olke C. Uhlenbeck (fillo do físico George Uhlenbeck) en 1965. Canso o seu marido marchou a Harvard, mudouse e el e volveu comezar os seus estudos na Universidade Brandeis, onde recibiu un Master of Arts (1966) e un Ph.D. (1968) baixo a supervisión de Richard Palais.[1][3] A súa tese de doutoramento titulouse The Calculus of Variations and Global Analysis ("Cálculo de variacións e análise global").[5]

Despois de traballos temporais no Massachusetts Institute of Technology e a Universidade de California, Berkeley, e tendo dificultades e atopar un posto permanente co seu marido a causa das regras antinepotismo en vigor que prohibían contratar un marido e unha esposa mesmo en departamentos diferentes dunha universidade, logrou un posto no claustro da Universidade de Illinois en Urbana–Champaign en 1971.[6] Porén, non lle gustou Urbana e acabou divorciándose do seu marido e mudándose á Universidade de Illinois en Chicago en 1976. Pasou despois á Universidade de Chicago en 1983, é á Universidade de Texas en Austin como Sid W. Richardson Foundation Regents Chairholder en 1988,[1][2][3] onde supervisou numerosos estudantes de doutoramento, incluíndo a Mark Haskins.[7]

No camiño, desenvolveu técnicas para atopar solucións das ecuacións de Yang-Mills (finais dos '80).

Entre outros proxectos, cofundou o programa Muller e Matemáticas (Women and Mathematics) no Institute for Advanced Study de Princeton, o Instituto de Matemáticas Park City e as Series de Lecturas de Mulleres distinguidas en Matemáticas (Distinguished Women in Mathematics Lecture Series) na Universidade de Texas en Austin.

O seu consello para os aspirantes a matemáticos: “Procura problemas interesantes e non traballes nun campo só porque todo o mundo o está a facer.”[8]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

En 1983, MacArthur Fellowship.[8]

En 1988, Noether Lecture award.[8]

En 2001, National Medal of Science in 2001.[8]

En 2007, Steele Prize por unha contribución de sementeiraá investigación matemática da American Mathematical Society.[8]

En 2019, Uhlenbeck converteuse na primeira muller en gañar o premio Abel e o comité citou o "impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría e física matemática".[9]

Achegas[editar | editar a fonte]

Uhlenbeck participa ou participou en investigacións no campo das ecuacións en derivadas parciais xeométricas, o cálculo de variacións, a teoría gauge, a teoría do campo cuántico topolóxico e os sistemas integrables.[1][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Karen Uhlenbeck". MacTutor Biography (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Karen Uhlenbeck". Biographies of Women Mathematicians. Agnes Scott College. .
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Katterman, Lee (6 de decembro de 1999). "Michigan Great Karen K. Uhlenbeck: Pioneer in mathematical analysis—and for women mathematicians". The University Record (University of Michigan). Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  4. Redacción (19 de marzo de 2019). "Karen Uhlenbeck, primera mujer en ganar el «Nobel» de las matemáticas". abc.es (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  5. "Karen Uhlenbeck". MathGenealogy (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  6. Cooke, Roger (2005). The History of Mathematics: A Brief Course (2. ed.). Hoboken, NJ: Wiley-Interscience. p. 76. ISBN 978-0-471-44459-6. 
  7. "Mark Haskins – Simons Collaboration on Special Holonomy in Geometry, Analysis, and Physics" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Atlee, Jessica. "Crossing fields". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-08-18. 
  9. Change, Kenneth (19 de marzo de 2019). "Karen Uhlenbeck Is First Woman to Receive Abel Prize in Mathematics". New York Times. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  10. Karen Uhlenbeck. Profiles of Women in Mathematics: The Emmy Noether Lectures (Association for Women in Mathematics). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2014. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]