Cristina Roccati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristina Roccati
Cristina Roccati.jpg
Nome completoCristina Roccati
Nacemento24 de outubro de 1732
 Rovigo
Falecemento16 de marzo de 1797
 Rovigo
Alma máterUniversidade de Boloña
Ocupaciónfísica, poeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Cristina Roccati, nada en Rovigo o 24 de outubro de 1732 e finada na mesma localidade o 16 marzo 1797, foi unha física, académica e poeta italiana. Tras graduarse na Universidade de Boloña en 1751 -o terceiro título universitario entregado a unha muller por unha universidade italiana- estaba comenzando unha ilustre carreira académica cando os problemas económicos forzaron o seu regreso ás provincias venecianas, onde continuou ensinando física durante décadas. [1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Roccati, filla de Giovan Battista e Antonia Campo, pertencía a unha familia noble de Rovigo, Italia.[2]

Roccati estudou linguas clásicas con Peter Bertaglia Arquà, reitor do seminario en Rovigo, e con tan só 15 anos xa era admirada entre os membros da Accademia dei Concordi polos seus poemas.[3] En 1747, obtivo permiso dos seus pais para estudar filosofía natural na Universidade de Boloña baixo a tutela de Bertaglia. Foi aceptada pola universidade ese mesmo ano. Estudou literatura, lóxica, metafísica, moral, meteoroloxía e astronomía, pero centrouse na física e ciencia natural.[2][3]

Foi galardoada polos seus poemas e sonetos en Boloña, como xa o fora en Rovigo. Ingresou na Academia Concordia (1749), na Accademia degli Apatisti de Florencia (1750) e na Accademia nell'Arcadia (baixo o nome de Aganice Aretusiana) (1753), así como na Accademia degli Ardenti de Boloña e na Ricoverati de Padua.[2][3]

O 5 de maio de 1751, nun tempo no que as oportunidades de educación superior eran a miúdo negado ás mulleres, Roccati, quen era considerada un prodixio, obtivo o grao en filosofía, sendo, segundo Wertheim, "a terceira muller en obter tales cualificacións académicas."[4] Continuou estudando na Universidade de Padua, centrándose en física newtoniana, grego e hebreo, mentres seguía cultivando os seus intereses literarios e compoñendo novos versos.

A partir de 1751, estivo activa como profesora de física na Accademia dei Concordi di Rovigo (e ensinou alí ata polo menos 1777). Con todo, en 1752 a súa familia arruinouse, obrigándoa a interromper os estudos en Padua e regresar a casa, a Rovigo, onde ensinou física.[2][4] Na Accademia dei Concordi de Rovigo, Roccatti realizou cursos nocturnos de física newtoniana para seus membros. Dos seus esquemas para esas conferencias, só se atoparon 51. En 1754 foi elixida presidenta da Accademia dei Concordi de Rovigo.[2][3]

Cristina Roccati morreu en Rovigo o 16 de marzo de 1797.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William Clark, The Sciences in Enlightened Europe, University of Chicago Press, 1999, p. 318: "Cristina Roccati became the third woman to receive a university degree in Italy."
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Roccati Cristina — Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Consultado o 2021-04-05. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Cristina Roccati" (en castelán). 2020-09-26. 
  4. 4,0 4,1 Wertheim, Margaret (1997). Pythagoras' trousers: God, physics, and the gender wars (en English). Londres: Fourth Estate. ISBN 978-1-85702-583-5. OCLC 911338165. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Enlaces externos[editar | editar a fonte]