Sophie Germain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marie-Sophie Germain
Germain.jpeg
Datos persoais
Marie-Sophie Germain
Alcume Antoine Auguste Le Blanc
Nacemento 1 de abril de 1776
Lugar París, Francia
Falecemento 27 de xuño de 1831 (55 anos)
Lugar París, Francia
Causa Cancro de mama
Soterrado Cemiterio do Père-Lachaise
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Actividade
Campo Matemáticas
Premios Grand prix des sciences mathématiques
editar datos en Wikidata ]

Marie-Sophie Germain, nada en París o 1 de abril de 1776 e finada na mesma cidade o 27 de xuño de 1831 foi unha matemática francesa que fixo importantes contribucións á teoría dos números e á teoría da elasticidade. Unha das máis importantes foi o estudo dos chamados números primos de Sophie Germain (números primos nos que o duplo incrementado nunha unidade tamén é un número primo). A pesar da oposición dos seus pai e as dificultades presentadas por unha sociedade sexista, logrou os seus coñecementos dos libros extraídos da biblioteca do seu pai e da correspondencia con coñecidos matemáticos contemporáneos como Lagrange, Legendre e Gauss.

Debido aos prexuízos contra o seu sexo non puido establecer unha carreira nas Matemáticas, polo que traballou independentemente durante toda a súa vida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Germain naceu nunha familia parisiense e comezou a estudar Matemáticas aos trece anos. O seu interese pola matemática era tanto que facía todo o posible para demostralo aos demais.

Foi autodidacta e para poder incorporarse á escola de París tivo que roubar a identidade do alumno M. LeBlanc (nome co que asinaba os seus estudos e investigacións) e vestir coma un home. Deste xeito puido avanzar o seu coñecemento e expoñer e presentar novas ideas.

Correspondencia[editar | editar a fonte]

Récherches sur la théorie des surfaces élastiques, 1821

Germain tivo un interese especial nas ensinanzas de Joseph-Louis Lagrange e empregando o seu pseudónimo M. LeBlanc envioulle varios artigos. Lagrange quedou tan impresionado que lle pediu unha entrevista e Germain viuse forzada a revelar a súa identidade. Lagrange recoñeceu o talento por riba dos prexuízos e decidiu converterse no seu mentor.

En 1804, despois de ler as Disquisitiones Aritmeticae de Carl Friedrich Gauss decidiu cartearse con el, de novo con pseudónimo. Dous anos despois, durante a invasión napoleónica de Prusia, Gauss tamén coñeceu a súa verdadeira identidade, cando Germain intercedeu ante o xeneral Pernety, a quen coñecía persoalmente, para que o preservase de calquera dano ante a ocupación da súa cidade natal, Braunschweig. Germain temía que Gauss puidese correr un destino similar ao de Arquímedes e confioulle a Pernety os seus temores. Este localizou o matemático e díxolle quen era a súa protectora, o que confundiu a Gauss, xa que nunca oíra falar dela.

Foi entón cando Germain escribiu a Gauss unha carta na que admitía a súa condición feminina e que Gauss contestou:

Pero como describir a miña admiración e asombro ao ver que o meu estimado correspondente M. LeBlanc se metamorfosea nesta personaxe ilustre que me ofrece un exemplo tan brillante do que sería difícil de crer. A afinidade polas ciencias abstractas en xeral e sobre todo polos misterios dos números é demasiado rara: o que non me asombra xa que os encantos desta ciencia sublime só se revelan a aqueles que teñen o valor de afondar nela. Mais cando unha persoa do sexo que segundo os nosos costumes e prexuízos debe atopar moitísimas máis dificultades cós homes para familiarizarse con estes espiñentos estudos e non obstante ten éxito ao sortear os obstáculos e penetrar nas áreas máis escuras deles, entón sen dúbida esta persoa debe de ter o valor máis nobre, o talento máis extraordinario e un xenio superior.

Porén, cando en 1808 Gauss foi nomeado profesor de Astronomía na universidade de Göttingen, o interese do matemático derivou cara ás matemáticas aplicadas e deixaron de cartearse.

Etapa na Academia Francesa das Ciencias[editar | editar a fonte]

En 1811 Germain participou nun concurso da Academia Francesa das Ciencias para explicar os fundamentos matemáticos desenvolvidos por un matemático alemán aplicados ao estudo de Ernst Chladni sobre as vibracións das superficies elásticas. Despois de ser rexeitada por dúas veces, gañou o concurso en 1816, o que a converteu na primeira muller que asistiu ás sesións da Academia (á parte das esposas dos membros) e a colocou xunta os grandes matemáticos da historia.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Tumba de Sophie Germain no cemiterio Père Lachaise

En 1829 Germain descubriu que tiña cancro de mama. A pesar da dor continuou a traballar e en 1831 o xornal de Crelle publicou un artigo seu sobre a curvatura das superficies elásticas e "unha nota sobre a busca de y e z en ".

O 27 de xuño de 1831 faleceu no número 13 da Rue de Savoie.

Contribucións ás Matemáticas[editar | editar a fonte]

Unha das maiores contribucións de Germain á teoría dos números foi o teorema que leva o seu nome e que se refire á divisibilidade das solucións da ecuación xp + yp = zp do Último Teorema de Fermat. Demostrou que o produto xyz debe ser divisible por p2 se se pode atopar un número primo θ que cumpra:

  1. Non existen dúas potenciasp-ésimas que se diferencien en 1 módulo θ; e
  2. p non é unha potencia p-ésima módulo θ.

Unha das súas máis célebres identidades, coñecida como identidade de Sophie Germain di que para dous números x e y:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]