Saltar ao contido

Ana Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Ulla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de La Laguna - Doutora en filosofía (–1993) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrofísica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1705394 Dialnet: 1944479

Ana María Ulla Miguel, nada en Vigo en 1965, é unha astrofísica galega, escritora e profesora na Universidade de Vigo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ana Ulla comezou a carreira de Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os tres primeiros cursos,e logo especializouse en Astrofísica na Universidade de La Laguna, onde tamén realizou a súa formación doutoral.[1][2] Entre 1988 e 1995, ocupou diversos postos de investigación e docencia na Universidade de Tromsø (Noruega), o Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental (Madrid), a Axencia Espacial Europea (ESA), ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Posteriormente, foi contratada posdoutoral no Instituto de Astrofísica das Canarias (IAC), traballando para o proxecto "Infared Space Observatory" da ESA.[1]

Desde 1997 é profesora do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, sendo a investigadora principal do Grupo AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO dende a súa creación no ano 2005 ata outubro de 2017. Forma parte do equipo galego da misión Gaia, da Axencia Espacial Europea (ESA), na que participan máis de 450 científicos e enxeñeiros doutros 23 países co obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da Vía Láctea.[3] Ademais, é integrante do padroado da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura que xestiona o Observatorio Astronómico de Forcarei.[4]

Obra literaria e divulgativa

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa actividade investigadora no ámbito da astrofísica, Ana Ulla desenvolveu tamén unha faceta como autora e editora de obras de divulgación científica e literatura relacionadas coa astronomía, en lingua galega e castelán.

En 2009 participou como coautora na obra colectiva Contos e coplas de estrelas, editada pola Universidade de Vigo e polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), na que contribuíu coa adaptación dun conto popular e con varias cancións relacionadas coa temática astronómica.[5]

En 2010 foi coautora do libro de divulgación científica La ciencia del cielo, publicado pola editorial ENOR e traducido ao portugués como A ciência do céu.[6]

En 2014 editou o libro de relatos Os contos da Astronomía na palleira, resultado dun obradoiro de astronomía organizado pola Universidade de Vigo, no que tamén participou como autora co conto A galaxia María.[7]

En decembro de 2015 publicou a súa primeira novela infantil, Desde el jardín, las estrellas, ilustrada por Rita Landeiro e editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.[4] A obra emprega unha narración de ficción para introducir nocións básicas de astronomía, astrofísica e bioloxía entre o público novo.[8][9]

Posteriormente publicouse unha edición anotada e ampliada da obra, acompañada de propostas de actividades educativas orientadas á divulgación científica e á aprendizaxe interdisciplinar.[10]

Publicacións seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  • Contos e coplas de estrelas (2009), obra colectiva editada pola Universidade de Vigo e o CSIC.[11]
  • La ciencia del cielo / A ciência do céu (2010), obra colectiva de divulgación científica publicada por ENOR.[11]
  • Os contos da astronomía na palleira (2014), libro de relatos editado por Ana Ulla.[12]
  • Desde el jardín, las estrellas (2015), novela infantil de divulgación científica.[13]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2014 recibiu, ex aequo con Minia Manteiga, o premio “Galega destacada 2013” concedido pola Asociación Diálogos 90.[14] Tamén foi galardoada co recoñecemento "Muller Científica 2020" que outorga o IES Val Miñor. [15]

  1. 1 2 "Ana Ulla Miguel - Introducción a la Astronomía Visual y Fotográfica". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2020. Consultado o 2020-08-27.
  2. administrador. "Ana Ulla Miguel". Executivas. Consultado o 2020-08-27.
  3. Redacción (2016-09-14). "A misión Gaia obtén a primeira imaxe completa da Vía Láctea". GCiencia. Consultado o 2020-08-03.
  4. 1 2 "Ana Ulla Miguel". www.escritores.org. Consultado o 2020-08-27.
  5. ValmiñorTV, ed. (12-12-2017). "Ana Ulla fala sobre a astronomía de hoxe que fan as astrónomas galegas".
  6. ValmiñorTV (ed.). "Ana Ulla fala sobre a astronomía de hoxe que fan as astrónomas galegas".
  7. Ulla Miguel, Ana (2014). Os contos da astronomía na palleira. Universidade de Vigo. ISBN 9788481586435.
  8. Universidade de Vigo (ed.). "Desde el jardín, las estrellas. Edición anotada con propuesta de actividades y lectura".
  9. Sociedad Española de Astronomía (ed.). "Desde el jardín, las estrellas".
  10. Dialnet (ed.). "Desde el jardín, las estrellas. Edición anotada con propuesta de actividades y lectura".
  11. 1 2 ValmiñorTV (ed.). "Ana Ulla fala sobre a astronomía de hoxe que fan as astrónomas galegas".
  12. Ulla Miguel, Ana (2014). Os contos da astronomía na palleira. Universidade de Vigo. ISBN 9788481586435.
  13. Sociedad Española de Astronomía (ed.). "Desde el jardín, las estrellas".
  14. "Las astrofísicas del satélite Gaia se convierten en "Galegas Destacadas"". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-27.
  15. "«Se non vemos as estrelas, non sabemos a onde pertencemos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-14. Consultado o 2020-08-27.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]