Ruby Payne-Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuby Payne-Scott

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ruby Violet Payne-Scott Editar o valor em Wikidata
28 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata
Grafton, Australia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 1981 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Mortdale (Australia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sydney
Sydney Girls High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRadiofísica (pt) Traducir e radioastronomia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , astrónoma , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCommonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (pt) Traducir (–1951)
Danebank – An Anglican School For Girls (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPeter Gavin Hall (pt) Traducir, Fiona Hall (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Payne-Scott-1

Ruby Payne-Scott, nada en Grafton (Nova Gales do Sur) o 28 de maio de 1912 e finada en Mortdale o 25 de maio de 1981, foi unha astrofísica australiana, fundadora das ramas da radioastronomía e da radiofísica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Payne- Scott, filla de Cyril Payne- Scott e Amy Neale, mudouse a Sídney para vivir coa súa tía e asistiu á Escola Primaria Pública Penrith de 1921 to 1924.[1] Completou a súa escola secundaria na Sydney Girls High School.​ O seu diploma escolar contén notas destacadas en matemática e botánica.

Obtivo dúas bolsas para cursar estudos na Universidade de Sídney, onde estudou física, química, matemática e botánica.[2] Obtivo un grao en física en 1933, e un máster en física en 1936,e un Diploma de educación en 1938.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1936 dirixiu investigacións xunto a William H. Love no Laboratorio de Investigación do Cancro na Universidade de Sídney. Probaron que o magnetismo terrestre ten escasa ou nula incidencia nos procesos vitais dos seres vivos a partir de someter a embrións de pito a campos magnéticos 5.000 veces máis potentes. Tempo atrás existía unha estendida crenza de que os campos magnéticos terrestres tiñan importantes efectos sobre os seres humanos, e moitas persoas só durmían coa súa cabeza apuntando ao norte e o corpo paralelo ao meridiano magnético.[4]

A súa carreira alcanzou a súa cúspide mentres traballaba para o Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (naquela época chamado CSIR, agora coñecido como CSIRO), do goberno de Australia, en Dover Heights, Hornsby e especialmente en Potts Hill ( Sídney).

Algunhas das súas contribucións fundamentais á radioastronomía solar foron o descubrimento das explosións Tipo I e Tipo III, participando nas de Tipo II e IV. Tamén na determinación da posición e tamaño angular dunha explosión solar por medio dun interferómetro.[5] As súas observacións confirmaron que as intensas emisións de radio explosivas se xeraban nas manchas solares.

Por outra banda, deseñou e construíu un novo interferómetro lóbulo que podería deseñar un mapa da forza e polarización das emisións de radio solar unha vez por segundo, e rexistraría automaticamente nunha cámara dunha película ao se chegar a unha certa intensidade nas emisións.

Desenvolveu a tecnoloxía do radar e traballou na detección de avións na segunda guerra mundial, así coma noutros campos da física.

A lei dicía que as mulleres casadas non podían ter un posto permanente no servizo público, malia isto, ela seguiu traballando tras o seu casamento. Cando se soubo, perdeu o seu posto e, finalmente, renunciou cando quedou embarazada do seu fillo. Ruby foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres.

A pesar de todo, non foi galardoada polas súas contribucións ás ciencias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Penrith Public School". Nepean Times (Penrith, NSW : 1882 - 1962). 1921-10-01. p. 3. Consultado o 2021-05-08. 
  2. "Great Australians — Ruby Payne-Scott". blogs.uwa.edu.au. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2018. Consultado o 2021-05-08. 
  3. "Ruby Payne-Scott [1912–1981]". CSIROpedia. 13 xaneiro 2015. Arquivado 28 de febreiro de 2019.
  4. "A.L.P. PARLEY". Examiner (Launceston, Tas. : 1900 - 1954). 1936-07-10. p. 6. Consultado o 2021-05-08. 
  5. Goss, W. M. (2009). Under the radar : the first woman in radio astronomy, Ruby Payne-Scott. Heidelberg: Springer. ISBN 978-3-642-03141-0. OCLC 567353180. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]