Eduardo Mondlane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardo Mondlane
Eduardo Mondlane.jpg
Nacemento20 de xuño de 1920
 Manjacaze
Falecemento3 de febreiro de 1969
 Dar es Salaam
Causaexplosão
NacionalidadeEstado Novo
EtniaTsongas
Alma máterUniversidade de Lisboa, Oberlin College, Universidade Northwestern, Universidade de Witwatersrand e Universidade Harvard
Ocupaciónantropólogo, político e explorador
CónxuxeJanet Mondlane
FillosNyeleti Mondlane
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Chivambo Mondlane, nado o 20 de xuño de 1920 e finado o 23 de febreiro de 1969, foi presidente do Fronte de Liberación de Mozambique dende 1962 ata o seu asasinato en 1969.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Era o cuarto de 16 irmáns, fillo dun xefe tribal, da tribo bantú dos tsonga. Mondlane naceu no África Oriental portuguesa en 1920. Ata os doce anos traballou coidando rabaños de cabras. Asistiu a varias escolas primarias antes de entrar nunha escola suíza presbiteriana. Prohibíuselle asistir á escola secundaria en Mozambique posto que nesa época estaba acabando a escola primaria e as leis coloniais portuguesas indicaban que era demasiado maior para entrar.

Este feito e outros mostráronlle o que significaba vivir nunha sociedade oprimida. Como non podía estudar en Mozambique marchou a Suráfrica, onde estudou nunha escola parroquial en Lemana, na a rexión de Transvaal. Pasou un ano na escola Jan Hofmeyer de Traballo Social e ingresou na Universidade Witwatersrand, en Johannesburgo, pero foi expulsado do país un ano despois, en 1949, cando se instaurou o Apartheid.

Mondlane trasladouse a Estados Unidos para continuar os seus estudos. En 1951 ingresou no Oberlin College, en Oberlin, Ohio, comezando como junior. En 1953 obtivo o graduado en antropoloxía e socioloxía. Continuou os seus estudos na Universidade de Northwestern en Evanston, Illinois. Mondlane obtivo un doutoramento en socioloxía da Universidade de Northwestern e casou con Janet Rae Johnson, unha muller de Indiana que vivía nos suburbios de Chicago.

Regreso a Mozambique[editar | editar a fonte]

En 1962 foi elixido presidente da recentemente formada Fronte de Liberación de Mozambique, ou FRELIMO, que estaba formado por grupos nacionalistas máis pequenos. En 1963 estableceu a sede do FRELIMO fóra de Mozambique, en Dar es Salaam, na veciña Tanzania. Co apoio tanto das potencias occidentais como da URSS, o FRELIMO empezou en 1964 unha guerra de guerrillas para intentar obter a independencia mozambicana de Portugal que desembocaría na Guerra de Independencia de Mozambique.

Durante os primeiros anos do FRELIMO o seu liderado estaba dividido: a facción encabezada por Mondlane quería loitar non só pola independencia, senón para instaurar un réxime socialista; Marcelino dos Santos, Samora Machel e Joaquim Alberto Chissano e a maior parte do Comité Central do Partido compartían o seu punto de vista. Os seus opoñentes, entre os que destacaban Lazaro Nkavandame e Uria Simango, desexaban a independencia, pero non un cambio fundamental nas relacións sociais: esencialmente a substitución da elite branca por unha elite negra. A posición socialista foi aproveitada polo segundo congreso do partido, celebrado en xullo de 1968. Mondlane foi reelixido presidente e estableceuse a estratexia de seguir unha guerra prolongada co apoio da poboación civil.

En 1969 recibiu un libro-bomba no secretariado do FRELIMO que o matou. Despois de que nos anos 1990 se descubrira a existencia da Gladio, indagouse que unha sección portuguesa do Gladio fora a causante do asasinato de Mondlane.

A principios dos anos 1970 os 7.000 guerrilleiros do FRELIMO tomaran o control da maior parte das rexións centrais e do norte do país a pesar de estar combatendo contra unhas forzas portuguesas duns 60.000 homes. En 1974 a caída da ditadura de Salazar en Portugal trouxo un cambio na política colonial o 25 de xuño de 1975, cando Portugal traspasou o poder ao FRELIMO e Mozambique converteuse en estado independente.

A morte de Mondlane en 1969 foi sentida coma se dun funeral de estado se tratase. O funeral foi oficiado polo seu compañeiro de clase en Oberlin e amigo, o reverendo Edward Hawley, quen dixo durante as cerimonias que Mondlane "...deixou a súa vida pola verdade de que un home foi feito para a dignidade e a súa autodeterminación."

En 1975 a Universidade Lourenço Marques, que recibía o nome da capital colonial, Lourenço Marques, foi rebautizada como Universidade Eduardo Mondlane, situada na capital Maputo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eduardo Mondlane, The Struggle for Mozambique. 1969, Harmondsworth, Penguin Books.
  • Helen Kitchen, "Conversations with Eduardo Mondlane", Africa Report, nº 12, novembro de 1967.