Saltar ao contido

Macroeconomía

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Macroeconomía
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Aspecto de
 Oposto a
Códigos e identificadores
Freebase/m/04rf6 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC139719470 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 147192 BNE: XX524471
Wikidata C:Commons

A macroeconomía é a rama da teoría económica baseada no estudo das macromagnitudes económicas: inflación, PIB, renda per cápita, desemprego etc. e das interrelacións existentes entre elas.

A cuestión fundamental na macroeconomía é acadar un equilibrio entre as diferentes magnitudes, que polo xeral entran en conflito entre elas.

Un dos desenvolvementos máis salientables na macroeconomía é a curva de Philips, que relaciona inflación e desemprego.

A análise macroeconómica é de grande utilidade na elaboración e execución das políticas económicas gobernamentais, pero o seu uso vai moito máis alá, xa que ter unha previsión de cal será o comportamento global da economía nun futuro é unha necesidade para moitas empresas e particulares á hora de planificar investimentos.

No século XIX pódese considerar que é cando comeza a tratarse de cuestións macroeconómicas dende unha perspectiva científica, destacando os membros da escola clásica, iniciada por Adam Smith no século anterior. Defensores do liberalismo económico, afirman que o comercio internacional é sempre fonte de riqueza para tódolos países. Tamén neste século destacan voces contrarias a este movemento liberalizador, como por exemplo a de Karl Marx.

Será no século XX, especialmente no período de entreguerras coa crise da Gran Depresión cando esta ciencia vai acadar o seu auxe, e vai a pasar a ser considerada como unha disciplina autónoma dentro do conxunto da Teoría Económica. Economistas como Keynes e Friedman son dous dos grandes expoñentes do século XX, o primeiro dende a defensa dunha economía mixta, na que o estado interveña para resolver os desaxustes (as súas teorías tiveron un forte apoio en momentos de recesión, especialmente nos anos trinta), e o segundo dende unha perspectiva neoclásica.

Número de empresas de Galicia segundo o número de asalariados en 2006 [1] e 2007 [2]
  1. Instituto_Galego_de_Estatística ()
  2. xornal De_luns_a_venres martes 15.07.2008, páxina 5 ([Ligazón morta])

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]