Monte Binga
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Chimanimani National Park (en) | |||
| Situado na entidade xeográfica | Chimanimani (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Sussundenga (distrito), Mozambique (pt) | |||
| ||||
| Cordilleira | Chimanimani Mountains (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 2.436 m | |||
| Prominencia topográfica | 1.346 m | |||
O Monte Binga é o punto de maior altitude de Mozambique, con 2.436 m.s.n.m.
Situación
[editar | editar a fonte]Está situado na provincia de Manica, no oeste do país, moi preto da fronteira con Zimbabwe, e á latitude aproximada da cidade de Chimoio, da que dista uns 100 km. Forma parte das elevacións meridionais do Great Rift Valley, a enorme falla que percorre a África Oriental de norte a sur. O Binga pode considerarse como unha continuación das cadeas montañosas de Zimbabwe, que se prolongan cara a Mozambique.
Protección
[editar | editar a fonte]A montaña está encadrada nos lindes setentrionais do Parque Nacional de Chimanimani, compartido co veciño país de Zimbabwe. Da súa área total, 1.756 km² están en territorio mozambicano.
Escalada
[editar | editar a fonte]As guías turísticas recomendan tentar a ascensión do Monte Binga durante a estación seca e tomar previsións sanitarias, pois o hospital máis próximo fica en Chimoio, con condicións dificultosas de comunicación.
| A Galipedia ten un portal sobre: Mozambique |

