Illa de Mozambique
Illa de Mozambique | |
---|---|
![]() Forte de Sao Sebastiao | |
Mozambique n2.jpg Capela de Santo António | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 15°02′12″S 40°43′58″L / -15.03667, -40.73278 |
Tipo | Cultural |
Criterios | IV, VI |
Inscrición | 1991 (15ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 599 |
A Illa de Mozambique (en portugués, Ilha de Moçambique) é unha cidade insular situada na provincia de Nampula, na rexión norte de Mozambique, que deu o seu nome ao país do que foi a primeira capital. Debido á súa rica historia, manifestada por un amplo patrimonio arquitectónico, a illa foi recoñecida pola Unesco en 1991 Patrimonio da Humanidade.[1]
A illa constitúe un municipio e ten un goberno local electo. De acordo co censo de 1997, o concello ten 42.407 habitantes, e destes 14.889 viven na illa.
O seu nome, que en lingua macua é Muipiti, parece que deriva de Mussa-Ben-Bique, ou Mussa Bin Bique, ou incluso Mussa Al Mbique, personaxe sobre quen case non se sabe nada certo, pero que deu o nome (como Mussa Bin Bique) a unha nova universidade, situada en Nampula.
En canto á arquitectura, a illa está dividida en dúas partes, a "cidade de pedra" e a "cidade de macuti", a primeira con preto de 400 edificios, incluíndo os monumentos máis recoñecidos, e a segunda, na metade sur da illa, con cerca de 1200 casas de construción precaria, moitas delas cubertas con macuti.
A Illa de Mozambique está unida ao continente africano por unha ponte de preto de 3 km de lonxitude, construída nos anos 60.
Galería[editar | editar a fonte]
Oficina de correo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Island of Mozambique". Unesco (en inglés).