Vasalaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A vasalaxe (do latín medieval vassus, latinización do termo de orixe celta gwas, "rapaz") é a relación que existía entre un nobre ou cabaleiro e o seu señor ou monarca, no contexto do sistema feudal da Europa medieval. Mentres que o partido subordinado chamábase vasalo, ao partido dominante chamábase soberano.

O vasalo xuraba fidelidade ao seu señor e aceptaba cumprir con certas obrigas, principalmente apoio político e militar[1] ( auxilium et consilium ), e recibía a cambio un beneficio, xeralmente control e xurisdición sobre as terras (tenencias) e poboación do señorío. Era un contrato bilateral, con obrigas para ámbalas partes. As dúas partes prometían permanecer leais e non traizoar o vínculo establecido entre elas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ganshof, F.L. (1939). "Benefice and Vassalage in the Age of Charlemagne". The Cambridge Historical Journal. JSTOR 3020714. 

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.