Sargón de Acad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imperio de Sargón

Sargón de Acad ou Sargón o Grande foi un rei acadio do século XXIV ou XXIII a. c., artífice do Imperio Acadio.

A súa orixe énos descoñecida, segundo as lendas mesopotámicas era fillo dunha sacerdotisa e dun pai descoñecido, ao nacer os sacerdotes depositárono nunha canastra que deixaron abandonada á súa sorte no Éufrates, descuberto polo xardineiro real, adoptouno como fillo e xa maior entrou na corte do rei de Kish[1].

Enfrontado ao rei desta cidade, tomou o poder e logo lanzouse contra Uruk(levando a seu rei Lugalzagesi nunha picota ao templo de Enlil) estableceu a súa propia capital, Acad[2] e remataría conquistando toda Mesopotamia, Elam e Siria, detal forma que uniu o golfo Pérsico o mar Mediterráneo.

Convertido en rei de Sumer e de Acad puido vivir en calquera cidade prestixiosa pero quixo indicar que seu rieno inauguraba unha nova era e por iso fundou, non moi lonxe de Kish, a súa nova capital, Acad ou Agade(que aínda non atoparon os arqueólogos) onde fixo un gran porto fluvial. Convertiu o acadio en lingua oficial pero sen ferir a susceptiblididade dos vencidos, xa que conservaron as súas autoridades, e as súas divindades respectadas, xa que s eproclamou o "unxido de Anu" e "vigairo de Enlil", chamando á súa propia filla Enheduanna (autora dun himno á deusa Inanna)[3].

Creou un imperio centralizado, establecendo a súa capital en Acad e lexitimando o seu poder soberano mediante a súa divinización. Non desaparece a cultura sumeria, pero se impoñen novos deuses como Ishtar, Anunitu e a divindade solar Shamash. Unha vez establecida a súa supremacía en Sumer Sargón neutralizou ós dous veciños que o puñnan en perigo, Eblan e Awan, atacándoos no seu propio terreno no norte de Siria. Trala campaña militar contra deles contentouse cun xuramento de fidelidade e un tributo, o que lle permitiu ter acceso directo a minerais e madeiras que antes tiñan que importar a Mesopotamia. Para conquistar Awan, no suroeste de Irán, tívoo mais difícil.

Recoñocido como un dos primeiros grandes conquistadores da antigüidade, a supremacía militar acadia baseouse nunha nova táctica destructora das falanxes sumerias coa utilización do arco e o venablo. Proclamouse Señor das catro partes do Mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marc Van de Mieroop, Cuneiform Texts and the Writing of History, Routledge, 1999, páx. 71
  2. Jane McIntosh, Ancient Mesopotamia: New Perspectives, ABC-CLIO, 2005, páx. 77
  3. "Mesopotamia, historia política, económica y cultural"Georges Roux ed Akal 1987