Lagash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Lagash foi unha das cidades máis antigas de Sumeria e máis tarde de Babilonia. Os seus restos presentan unha baixa e longa liña de montículos de ruínas, agora coñecida como Tell al-Hiba en Iraq, ao noroeste da unión do Éufrates co Tigris e ao leste de Uruk. Está situada no suco dunha antiga canle, uns 5 quilómetros ao leste de Shatt-el-Haj e un pouco menos de 16 quilómetros ao norte da actual Shatra .

Historia[editar | editar a fonte]

Lagash e a Babilonia de Hammurabi, 1792 a 1750 a. C.

Estas ruínas descubriunas en 1877 Ernest de Sarzec, nese tempo cónsul francés en Basora e que tiña o permiso do xefe tribal dos muntafiq, Nasir Pasha o primeiro Wali-Pasha ou gobernador xeral, para escavar ao seu antollo no seu territorio. Ao principio por conta propia, e logo como representante do goberno francés, De Sarzec continuou as escavacións no lugar, con varias interrupcións, ata a súa morte en 1901, logo o traballo continuose baixo a supervisión de Gaston Cros. As principais escavacións realizáronse sobre dous grandes montículos, un dos cales resultou ser o lugar do templo, E-Ninnu, o santo lugar do deus patrón de Lagash, Ningirsu ou Ninib.

As expedicións arqueolóxicas posteriores dirixíronas Henri de Genouillac (1929-31) e Andre Parrot (1931-33). O templo foi arrasado, e unha fortaleza construíuse sobre as súas ruínas, no período grego ou seléucida, algún dos ladrillos atopados portaban a inscrición en arameo e grego de Hadad-nadin-akhe, rei dun pequeno reino babilonio. Foi embaixo desta fortaleza onde se atoparon unha gran cantidade de estatuas de Gudea (rei de Lagash), as cales constitúen o cerne das coleccións babilónicas no Louvre . Estas foran decapitadas ou mutiladas, e lanzadas na fundación da nova fortaleza. As escavacións no outro gran montículo deron co descubrimento dos restos de edificios que contiñan obxectos de todo tipo de bronce e pedra, datados desde o primeiro período sumerio en diante, e permitindo seguir a historia da arte babilónica ata unha data algúns centos de anos antes do tempo de Gudea.

Aparentemente este montículo fora ocupado en gran medida por almacéns, nos cales non só se gardaba gran, figos, etc. senón tamén vasixas, armas, esculturas e calquera obxecto posible relacionado co uso e a administración do palacio e o templo. Nun pequeno montículo periférico De Sarzec descubriu os arquivos do templo, unhas 30.000 táboas de arxila con inscricións, gardando os rexistros de negocios, e revelando con extraordinario detalle a administración dun antigo templo de Babilonia, o tipo de propiedade, o método de conrear as súas terras, e o seu tratos comerciais e industriais e empresas. Desafortunadamente, antes de que estes arquivos puidesen ser extraídos, as galerías que os contiñan foron saqueadas polos árabes, e un gran número de táboas foron vendidas a comerciantes de antigüidades, quen as esparcieron por toda Europa e América.

Estatua de diorita de Gudea, rei de Lagash

Das inscricións atopadas en Telloh, parece que Lagash foi unha cidade de grande importancia no período sumerio, (transcorrido probablemente no terceiro milenio a.C). Foi naquel tempo gobernada por reis independentes, Ur-Nanshe(ca. 2500 ) e os seus sucesores, quen loitaron cos elamitas no leste e os reis de Kengi e Kish no norte e especialmente tiveron unha longa rivalidade con Umma, finalmente o rei Eannatum (ca.2450) venceu a Umma[1], Elam e as cidades do sur de Sumeria, utilizando o título de rei de Kish[2]. Arredor do 2340 a.C. o rei de Umma, Lugalzagesi, conquistou Lagash[3], destruíndo os seus templos. Coa conquista semita de Sargón a cidade perde a súa independencia, os seus gobernantes vólvense dependentes de Sargón de Acad e dos seus sucesores; pero aínda permanece sumeria e continua sendo unha cidade de moita importancia, sobre todo, un centro de desenvolvemento artístico. Certamente, neste período e baixo a inmediata supremacía dos reis de Ur, Ur-Gur e Dungi, que alcanzou o seu maior desenvolvemento artístico.

Estela dos abutres, a estela mandouna realizar Eannatum para conmemorar a súa vitoria sobre Umma

Neste período, tamén, baixo os peóns, Ur-bau e Gudea, Lagash tivo extensas comunicacións comerciais con reinos afastados. Segundo os seus propios rexistros, Gudea comprou cedros das montañas do Amanus e do Líbano en Siria, diorita de Arabia occidental, cobre e ouro de Arabia meridional e central, e do Sinaí, mentres os seus exércitos, presuntamente baixo o seu señor máis superior, Ur-Gur, participaron en batallas en Elam no Leste. Esta foi especialmente éraa de desenvolvemento artístico. Algúns dos primeiros traballos de Ur-Nina, En-anna-turn ou Entemena anteriores á conquista semita son tamén extremadamente interesantes, especialmente o famoso ronsel dos voitres e un gran vaso de prata ornamentado co que podería ser chamado o escudo de Lagash, un aguia con cabeza de león e con ás estendidas, collendo un león con cada garra. Logo de época de Xudea, Lagash parece perder a súa importancia; ou polo menos non sabemos nada sobre ela ata a construción da fortaleza seléucida antes mencionada, cando parece alcanzar parte do reino grego de Characene. Os obxectos atopados en Tello son os tesouros máis valiosos descubertos en Babilonia.

En tempos de Gudea, a capital de Lagash foi realmente Girsu (Telloh). O reino cubría unha área de aproximadamente 1.600 km

Primeira dinastía de Lagash[editar | editar a fonte]

  • Enhengal (ca. 2550 aC)
  • Lugal-Scha-Gen-Sur (ca. 2510 aC)
  • Urnansche (ca. 2480 aC)
  • Akurgal (ca. 2450 aC)
  • Eannatum (ca. 2445 aC)
  • Inannatum I. (ca. 2440 aC)
  • Entemena (ca. 2400 aC)
  • Inannatum II. (ca. 2390 aC)
  • Enitarzi (ca. 2385 aC)
  • Lugalanda (2384–2378 aC)
  • Urukagina (2378–2371 aC)

Segunda dinastía de Lagash[editar | editar a fonte]

  • Ki-Ku-Id (ca. 2260)
  • Engilsa (ca. 2250)
  • Ur-A (ca. 2230)
  • Lugalushumgal (ca. 2200)
  • Puzur-Mama
  • Ur-Utu
  • Ur-Mama
  • Lu-Baba
  • Lugula
  • Kaku
  • Urbaba (2164-2144 aC) .
  • Gudea (2144-2124 aC)
  • Urningirsu (2124-2119 aC)
  • Pirigme (2119-2117 aC)
  • Ur-GAR (2117-2113 aC)
  • Nammahani (2113-2110 aC)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jane McIntosh Ancient Mesopotamia: New Perspectives, París, 2005, páx. 76
  2. Karen Rhea Nemet-Nejat, Daily Life in Ancient Mesopotamia, Greenwood Press, 1998, páx. 22
  3. Jack Finegan, Archaeological History of the Ancient Middle East, 1979, páx. 37

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lagash