Lingua elamita
Aparencia
| Lingua elamita | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
O elamita é unha lingua morta, que se falou no reino do mesmo nome. É unha lingua aglutinante que nunca puido ser relacionada coas linguas semíticas veciñas, ou ás linguas indoeuropeas. Algúns lingüistas tentaron aproximar o elamita e o sumerio, sen chegar a convencer aos seus colegas. Outros puxérono en relación coas linguas dravídicas aínda faladas na India. O elamita foi a lingua oficial do Imperio Persa do século VI ata o IV a. C., e os últimos testemuños escritos do seu uso remontan á época da conquista de Alexandre o Grande.
Escritura elamita
[editar | editar a fonte]No transcurso do tempo sucedéronse tres grafías elamitas:
- A protoelamita é a máis antiga. Atopámola desde 2900 a. C. en Susa, capital de Elam. A escritura protoelamita derivaría dunha escritura sumeria preexistente. Utiliza preto dun millar de signos, e sería parcialmente logográfica. Ao non estar aínda descifrada, non se sabe con certeza se eses signos representan o elamita ou outra lingua.
- O elamita antigo é un silabario derivado do protoelamita e foi empregado con certeza entre 2250 e 2220 a. C., malia que podería ter sido elaborado anteriormente. Só está parcialmente descifrado, en particular grazas aos traballos de Walter Hinz. O elamita antigo consiste en 80 símbolos escritos en columnas verticais, lidas de arriba a abaixo e de esquerda a dereita.
- A escritura cuneiforme elamita estivo en uso de 2500 a 330 a. C., adaptada a partir do acadio. Esta escritura consiste en 130 símbolos, ben menos que a maioría das outras escrituras cuneiformes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Código ISO 639-2: elx
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gramática elamita - por Enrique Quintana (en castelán).
- Una nueva aproximación gramatical al elamita a través de la web - por Enrique Quintana (en castelán).
