No 1875 a. C. Larsa xa tiña a hexemonía e Isín quedara reducida á cidade, ao seu propio territorio e á cidade de Nippur, que Larsa ocupou no 1895 pero Isín recuperou, e oscilou entre ambas. No 1865 a. C. o rei vasalo de Uruk independizouse. No 1838 a. C. perdeu outra vez Nippur a mans de Larsa pero puido volvela a recuperar. No 1835 a. C. Larsa ocupou Nippur, pero caída a dinastía de Isín, Nippur fíxose independente (-1834), ata que ao ano seguinte Isín a ocupou. No 1830 a. C. Isín tívoa que conquistar de novo, poida que por unha revolta ou por unha conquista de Larsa.
No 1828 a. C. Larsa conquistou Nippur e Isín recuperouna no 1813 pero só por un ano, entón no 1812 Larsa conquistouna por enésima vez. No 1802 a. C. Isín recuperou Nippur. No 1793 a. C. Larsa ocupou Isín. Nippur fíxose efemeramente independente pero tamén foi ocupada. No 1762 a. C. pasou a Babilonia, que a manterá coa excepción de curtos períodos de dominio de Asiria (-1235 - -1227), Elam (-1159 - -1156) e de independencia (-1156 - -1135). Despois seguiu a historia de Babilonia.