Saltar ao contido

Enlil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enlil
Imaxe
 Instancia de
 Venerado por
 Semellante a
Biografía
 Sexo
Familia
 Pai
 Cónxuxe
 Irmá/n
 Fillo/a
Identificadores
VIAF122045981 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02mg5 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Enlil era o deus do aire na antiga Sumeria, fillo de Anu, foi escalando postos ata acadar o posto de seu pai a nivel práctico que non honorífico, converténdose no deus supremo do panteón babilónico clásico. Foi o deus patrón da cidade de Nippur.[1]

Enlil aparece frecuentemente relacionado coa montaña, ten por emblema a tiara astada, é o deus que ten nas súas mans as táboas do destino e decide a sorte de cada un, incluso dos deuses. A súa esposa era a deusa Ninlile, tendo varias concubinas así como parellas ocasionais (tal e como relata a propia mitoloxía sumeria en relación a seu pai o deus Anu). A deusa Ninlil aparece xunto a seu home divino no relato mitolóxico o "Mito de Enlil e Ninlil", no cal o deus procreou a varios deuses baixo varias aparencias e de forma pintoresca[2] procreando ao deus da Lúa, Nanna, e logo dous deuses ctónicos, Meslamtaea e Ninazu, que substituirían a seu pai no mundo inferior.

  1. Mitología y religión del Oriente Antiguo tomo I Egipto-Mesopotamia autores Jesús López e Joaquín Sanmartín, ed Ausa ,Barcelona 1993
  2. "les religions de Babylone et de l`Asyrie" P.E. Dhorme París 1981