Gilgamesh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Gilgamesh ou Gilgameš (ou Bilgameš nos textos máis antigos) foi o quinto rei sumerio da primeira dinastía de Uruk, segundo unha Lista de reis sumerios atopada en Shuruppak (o seu nome está escrito co determinativo dingir, que se lle daba aos deuses). A lista di que gobernou durante 126 anos e que seu pai foi un espírito. Podería corresponder a un rei histórico dos anos -2700, fillo suposto doutro rei chamado Lugalbanda. Sucedeuno o seu fillo Urnangal. A lenda di que construíu as murallas de Uruk e un templo dedicado a Ninlil en Nippur, e que se enfrontou con Mebaragesi de Kish. As súas xestas heroicas inspiraron o poema épico coñecido como a Epopea de Gilgamesh xurdido en Babilonia séculos despois, baseado en antigas lendas sumerias. A lenda agrandouse entre os acadios e a versión máis completa que se ten atopado son doce tabelas de arxila do rei asirio Assurbanipal (sobre o -650). As súas representacións na arte sumeria pasan por presentalo como un home musculado con barba e guedellas que sostén un león pequeno e unha honda, nos selos cerámicos aparece nú cunha corda na cintura, barbado e cunha tiara dun só par de cornos(os deuses aparecían con tiaras de tres pares de cornos)[1] .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Asirtios, sumerios y babilonios" diccionario de civilizaciones ed Akal