Caldea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caldea é o nome co que se coñeceu na Antigüidade á rexión situada na baixa Mesopotamia, ao establecerse nela os caldeos. Posteriormente esta denominación espallouse a toda a rexión de Babilonia, aínda que correctamente débese chamar Caldea á zona extrema suroriental da parte meridional da cunca do Éufrates e o Tigris, próximo aos desertos de Arabia. O termo 'caldea' provén do latín Chaldaeus, e este á súa vez do grego antigo Χαλδαῖος, e este, finalmente, do acadio kaldû.