Uruk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Uruk (sumerio Unug, bíblico Erech, grego Orchoë e arábico Warqa) foi unha cidade antiga de Sumeria e despois Babilonia, situada ao leste do leito do río Eufrates, na liña da antiga canle Nil, nunha rexión de pantanos a 225 km ao SSE de Bagdad. A teoría de que o nome moderno Iraq deriva do nome Uruk non está comprobada.

No seu apoxeo Uruk probablemente tiña entre 50.000 a 80.000 habitantes nunha zona amurallada duns 6 quilómetros cadrados, a maior cidade do mundo nesa época. Uruk foi unha das primeiras cidades do mundo, cunha gran poboación formada por xente dunha rexión no canto de estar unida por vínculos de familia como era típico dos pobos e vilas de eras previas. Uruk foi testemuña do xurdimento da civilización na Mesopotamia coa súa burocracia, e a súa sociedade estratificada e militar.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade de Uruk en Mesopotamia

Foi unha das cidades máis antigas e importantes de Sumeria. Foi a cidade capital de Gilgamesh, heroe da famosa Épica. Cóntase que as súas paredes construíronse por ordes de Gilgamesh ou o seu predecesor Enmerkar quen tamén construíu, segundo dise, o famoso templo de Eanna, dedicado á adoración de Inanna ou Ishtar. Os voluminosos arquivos do templo, do período Neobabilónico, documentan as funcións sociais do templo como centro de redistribución. En tempos de fame negra, unha familia dedicaba un fillo ao templo como ofrenda.

Uruk desempeñou un papel moi importante na historia política do país desde unha etapa temperá, exercendo unha hexemonía en Babilonia nun período anterior a Sargón de Acad. Despois foi prominente nas loitas nacionais contra os elamitas ao redor de 2000 aC, na cal sufriu severamente. Recordos destes conflitos atópanse na Epopea de Gilgamesh.

De acordo coa historia dos reis sumerios, Uruk foi fundado por Enmerkar, quen trouxo a sede real con el desde a cidade de Eanna. Outros reis históricos de Uruk inclúen Lugalzagesi de Umma, quen conquistou Uruk, e Utuhegal.

Oppenheim afirma que, "En Uruk, na zona sur da Mesopotamia, a civilización sumeria parece que alcanzou a súa cúspide creativa. Isto aparece repetidas veces nas referencias a esta cidade en textos relixiosos e especialmente en textos literarios, incluíndo aqueles de contido mitolóxico; a tradición histórica preservada na lista de reis Sumerios confírmao. O centro do poder político desprazouse posteriormente de Uruk a Ur."

Segundo a Biblia (Xénese 10:10), Erech, probablemente Uruk, foi a segunda cidade fundada por Nimrod. Parece que tamén foi o fogar dos Archavitas, exiliados por Asnapper a Samaria (Ezra 4:9-10). Os sitios mencionados en Ezra atópanse todos na zona sur da Mesopotamia, e parecería que Asnapper podería ser o rei Asirio Asurbanipal, quen levou a cabo a campaña contra estes Babilonios do sur.

A primeira escavación de Uruk realizouna un equipo alemán guiado por Julius Jordan antes da Primeira Guerra Mundial. Esta expedición regresou en 1928 e fixo escavacións posteriores ata 1939. En 1954 regresou baixo a dirección de H. Lenzen e realizáronse escavacións sistemáticas nos anos seguintes. Estas escavacións deron con algúns dos documentos sumerios máis antigos e unha gran cantidade de tabelas legais do período seléucida, publicadas posteriormente por Adam Falkenstein e outros epigrafistas alemáns.