Anu
An ou Anu é o rei dos deuses sumerios[1], señor do ceo, que preside a asemblea dos deuses onde organiza o destino de todo o universo. A pesar de ser a divindade suprema na mitoloxía escrita é presentado como un personaxe secundario covarde nalgunhas historias e como tirano noutras[2]. A súa posición remataría sendo socavada polo culto a Enlil, Assur e ao final Marduk, debido á perda de poder da súa cidade-santuario, Uruk.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo os mitos sumerios da creación foi enxendrado polo abismo primordial e colocado enriba da terra (ki), aínda que noutras fontes seus pais son uns deuses primordiais que nunca recibiron culto. Debido á polarización desta relixión politeísta An/Anu tivo unha esposa, a deusa Uras ou Urta, que representaba a terra pero que na mitoloxía non teñen fillos; con que si os tivo foi coa deusa Ninhursarga ("señora da montaña") coa que tería fillos divinos e mesmo demos e espíritos menores.
An/Anu foi o deus patrón da cidade sumeria de Uruk[3]. O seu santuario, o complexo cultural de Kulaba, era xa na época prehistórica (IV milenio a.C) un templo-terraza, que foi reorganizado catrocentos anos máis tarde na época de Gêmdet Nasr cuxo resultado é o que hoxe chaman "Templo branco". Un santuario de 22,30 × 16,50 m pintado de branco por dentro e por fóra cunha sala central e espazos nos laterais. Contiña unha mesa de altar e un podio onde tiñan toda a "corte" deste deus en figuriñas de terracota ou mineral, así como exvotos dos adoradores. Accedían ao terrado por unha escaleira lateral e alí arriba levaban a cabo rituais celestes. Este culto durou ata a época helenística, xa cando os seléucidas o identificaron con Zeus, aínda que o seu culto non se reduciu a Uruk, estendéndose de maneira significativa durante a hexemonía asiria. Os asirios erguéronlle un cigurat na capital Assur, así como nas cidades de Dèr, Dilbat e Lagash.
An/Anu foi pai doutros deuses do panteón sumerios, Enlil, Adad (deus atmosférico) e Inanna, así como de certos demos, como Dimme ou Lamashtu, Asag, Sebettu etc.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vv.Aa. (1951). University of California Publications in Semitic Philology. 11–12. University of California Press. OCLC 977787419.
- Bertman,Stephen. Handbook to Life in Ancient Mesopotamia,Facts On File,2003, ISBN 0-8160-4346-9.
- Black, Jeremy; Green, Anthony (1992). Gods, Demons and Symbols of Ancient Mesopotamia: An Illustrated Dictionary. The British Museum Press. ISBN 0-7141-1705-6.