Idade Media

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Medieval")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Historia (occidente)
Protohistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna
século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI

A Idade Media foi un período intermedio nunha división esquemática da Historia de Europa en catro "eras", a saber: a Idade Antiga, a Idade Media, a Idade Moderna e a Idade Contemporánea. Normalmente considérase a súa extensión entre o fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), ata a ascensión das monarquías nacionais e o inicio da recuperación demográfica e económica despois da Peste negra, os Descubrimentos Marítimos e mais o Renacemento da cultura clásica, por volta do século XV, ben como a Reforma Protestante, comezando en 1517. Algúns historiadores consideran a caída de Constantinopla, tomada polos turcos en 1453, como o marco do fin dese período.

A Idade Media é subdividida en tres períodos:

Certas sociedades, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que chegan a ser denominados tamén como Idade Media.

O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, música medieval).

Definición e caracterización[editar | editar a fonte]

A Idade Media foi un período de aproximadamente mil anos que se caracterizou polo predominio do Cristianismo en todas as esferas da vida humana na Europa. Ese período ás veces chámaselle pexorativamente idade das tebras, pois non tería ningunha creación filosófica ou científica autónoma. Tal idea é criticada por moitos da actual xeración de estudosos da historia da ciencia, que tenden a ver o período de desenvolvemento económico e tecnolóxico que comezou por volta do século XII, (permitido por factores como a diminución das invasións bárbaras, mudanzas climáticas etc.), como un importante requisito para o desenvolvemento científico na era moderna.

Aínda que sexa dito que no período desde a caída do Imperio Romano do Occidente ata a Reforma Protestante a ciencia coñeceu un período de preto de mil anos de falta de inspiración en comparación coa produción científica clásica. Vale lembrar que, usando o mesmo criterio, tamén se podería dicir que unha gran "falta de inspiración" tería atinxido o período da Roma Imperial, cuxas descubertas en termos de ciencias naturais ficaron moi lonxe das dos gregos, (iso a pesar do longo período de prosperidade proporcionado pola "Pax Romana").

Desafortunadamente, as nocións preconcebidas sobre o status da ciencia na Idade Media foron amplamente propagadas e, aínda hoxe, permanecen mitos como a idea falsa de que os estudiosos medievais consideraban que a terra era chá.

Facer unha apreciación clara da Idade Media é complexo: este tipo de avaliación pode tornarse altamente político, pasando a depender moito de susceptibilidades relixiosas. Os católicos acostuman tendencialmente a ser máis favorables á Idade Media, xa que se identifican coa tradición histórica da relixión cristiá dese tempo. Os protestantes, polo contrario, ven a Idade Media como un período de tebras e dan máis valor á Reforma Protestante, que modificou profundamente a práctica relixiosa na Europa (norte) occidental.

Arte[editar | editar a fonte]

O colorido e a exaltación da luz na rosácea de Sainte-Chapelle, París.
Artigo principal: Arte medieval.

A arte durante a Idade Media estivo fundamentada no Cristianismo en case todas as súas expresións. Como no período a vasta maioría dos campesiños era iletrada, as artes visuais eran o principal método para comunicar as ideas relixiosas, xuntamente cos sermóns. A Igrexa Católica era unha das poucas institucións ricas dabondo para remunerar o traballo dos artistas, o que fai que a maior parte das obras sexan de natureza relixiosa (arte sacra).

Coa caída do Imperio romano, moitas das técnicas artísticas da Grecia antiga acabaron perdidas. A pintura medieval pasa a ser predominantemente bidimensional: non era usada a noción de perspectiva e as personaxes retratadas eran pintadas maiores ou menores de acordo coa súa importancia. Ao lado da pintura, a tapizaría foi a máis importante forma de arte medieval. Iso decorre en moito pola súa utilidade ao manter a calor interna dos castelos construídos de pedra no inverno. A máis famosa tapizaría medieval é o ciclo d' A señora e o unicornio.

As dúas principais manifestacións arquitectónicas, principalmente relacionadas coa construción de catedrais, foron o estilo románico e máis tarde o gótico. Destaca tamén a formación das Gremios de oficios, reunindo artesáns.

Filosofía[editar | editar a fonte]

Principalmente á partir do século V, os pensadores cristiáns viron a necesidade de profundizar nunha fe que estaba madurecendo, co intento de harmonizala coas esixencias do pensamento filosófico. Dese xeito a Filosofía, que ata entón posuía trazos marcadamente clásicos e helenísticos, pasa a recibir influencias da cultura xudaica e cristiá. Algúns temas que antes non facían parte do universo do pensamento grego, tales como: Providencia e Revelación Divina e Creación a partir do nada pasaron a facer parte de temáticas filosóficas.

Escriba medieval.

A partir do século IX desenvólvese a principal liña filosófica do período, que ficou coñecida como escolástica. Esa filosofía gaña acentos notadamente cristiáns, xurdidos da necesidade de responder ás esixencias de fe, ensinada pola Igrexa, considerada entón como a gardiá dos valores espirituais e morais de toda a Cristiandade e, por así dicir, responsable da unidade de Europa, que comungaba da mesma fe. A Escolástica tivo unha constante de natureza neoplatónica, que combinaba elementos do pensamento de Platón con valores de orde espiritual, reinterpretados polo Occidente cristián. No século XIII Tomé de Aquino introduce tamén elementos da filosofía de Aristóteles no pensamento escolástico.

A cuestión chave que vai atravesar todo o pensamento filosófico medieval é a harmonización de dúas esferas; a fe e a razón. O pensamento de Agostiño, (século V), recoñecía a importancia do coñecemento, mais defendía unha subordinación maior da razón en relación á fe por crer que esta última restauraría a condición decaída da razón humana. Xa a liña de Tomé de Aquino (século XIII) defende unha maior autonomía da razón na obtención de respostas a pesar de non negar tal subordinación da razón á fe.

Ciencia e Tecnoloxía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Ciencia e tecnoloxía medieval.
No inicio da era medieval a vida cultural concentrouse nos mosteiros.

Como resultado das migracións bárbaras e da implosión do Imperio Romano do Occidente, a Europa Occidental do inicio da Idade Media era pouco máis que unha colcha de retallos de poboacións rurais e tribos bárbaras. Perdeuse o acceso aos tratados científicos orixinais da antigüidade clásica (en grego), ficaron apenas versións resumidas e ata deturpadas que os romanos traduciran ao latín. A única institución que non se desintegrou xuntamente co falecido imperio, a Igrexa Católica, mantén o que resta de forza intelectual, especialmente a través da vida monástica. O home instruído deses séculos era case sempre un crego para quen o estudo dos coñecementos naturais era unha pequena parte da súa escolaridade. Eses estudosos vivían nunha atmosfera que daba prioridade á fe e tiñan a mente máis voltada para a salvación das almas do que para o cuestionamento de detalles do universo físico.

Nalgúns aspectos, no século IX o retroceso causado polas migracións xa estaba revertido. No século X ocorre a contención das últimas ondas de invasións estranxeiras. E por volta do 1100 ocorre unha revolución que combinou renacemento urbano e comercial, ampliación de culturas e fronteiras agrícolas, crecemento económico, desenvolvemento intelectual e grandes evolucións tecnolóxicas. Comezan a se abrir novas escolas ao longo de todo o continente, inclusive en cidades e vilas menores. Sobre o 1200 fúndanse as primeiras universidades – París, Bologna e Oxford – (en 1500 xa serían máis de 70). Comeza un forte movemento de tradución de documentos árabes e gregos, que tornan o coñecemento do mundo antigo novamente dispoñible aos eruditos europeos. Todo iso posibilitou un gran progreso en coñecementos como a Astronomía, a Matemática, a Bioloxía e a Medicina.

O período de 1100 a 1300 xa foi chamado de Revolución Industrial da Idade Media.

Causaban espanto e admiración innovacións como os grandes reloxos mecánicos que transformaron a noción de tempo nas cidades. Presenciáronse descubrimentos como os dos óculos (lentes), en 1285, e do prensa móbil, en 1448. Houbo tamén moitas innovacións na forma de utilizar os medios de produción, coas técnicas de cerrallaría e incisión de pedras, a fundición de ferro, e os avances nas técnicas de construción aplicadas ao estilo gótico. No sector agrícola, temos o desenvolvemento de ferramentas, mellorías en carruaxes, arreos para animais de carga, e a utilización de muíños de auga Avances en instrumentos como o compás e mais o astrolabio, na confección de mapas e a as carabelas tornaron posible a expansión marítimo-comercial europea na Idade Moderna.

O legado medieval para o progreso científico[editar | editar a fonte]

A tecnoloxía das grandes navegacións permitirá en séculos futuros a descuberta dun número extraordinario de novas especies de animais e plantas, alén de novas formacións xeolóxicas e climáticas. Os avances obtidos na óptica xerarían despois aparellos como o microscopio e mais o telescopio, que, xuntamente coa prensa móbil, (outro froito medieval), son vistos como os equipamentos máis importantes xa criados para o avanzo do coñecemento humano. Mais a herdanza máis importante do período talvez teña sido o nacemento e multiplicación das universidades, xuntamente co xurdimento das primeiras sementes da metodoloxía científica contemporánea.

Guerra e armamento[editar | editar a fonte]

Espadas do período final da Idade Media.

A Idade Media xorde, en termos bélicos, como un período de grandes desenvolvementos tecnolóxicos, provindo esencialmente de dous grandes laboratorios, o Oriente Medio e a Península Ibérica. As dúas zonas, que desde moito cedo se tornaron palcos de violentas batallas entre árabes e cristiáns, fan que a práctica, a filosofía, a tecnoloxía e a propia xénese da guerra evolucionen. Os termos cruzada e xihad xorden nesta época, e aínda que ambas teñan un significado extremadamente semellante, son dous paradigmas dunha realidade moi peculiar.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

As Cruzadas, entre os séculos XI e XIII, permitiron aos europeos entrar en contacto con produtos do Oriente, logo incorporados na culinaria: trigo sarraceno, azucre, anís, comiño, canela, xenxibre, noz moscada, azafrán, cebola e ameixa. Eses novos ingredientes posibilitaron o desenvolvemento dos chourizos e das técnicas de preparación de vinagre, mostaza e mollos especiais.

Datas marcantes:[editar | editar a fonte]

Cabaleiro medieval en Ribadavia.

Transición do Período Clásico para a Idade Media[editar | editar a fonte]

Transición da Idade Media para a Era Moderna[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]