Conversa:Idade Media

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alguén se trabucpou e borrou o contido do artigo --Adalbertofrenesi(talk) 18:34, 11 Mar 2005 (UTC)

  • Hai unha caixa de navegación "Historia da Galiza" que penso que non deberia estar aqui. Este é un artigo sobre a Idade Media, un periodo da história de europa, e se se quer falar sobre a história de Galiza durante ese período deberia ser nun artigo intitulado "Historia da Galiza - Idade Media" ou semellante. --Xosé (✉) 21:11, 28 novembro 2005 (UTC)

Tradución[editar a fonte]

Ola! Que vos parece se facemos a traducción do castelán, eu no me importaría nesta semana santa traducir a metade, e con un pouco de axuda vosa poderíamos facer un bo artigo.

Expresade a vosa opinión por favor...

Davisuke Davisuke 15:39, 25 febreiro 2010 (UTC)25/02/2010Davisuke 15:39, 25 febreiro 2010 (UTC)

Eu non son partidiaro de quita-lo noso artigo por unha tradución doutra wikipedia. Si que se pode completar con datos doutras wikipedias (con fontes a ser posible) ou de publicacións, creo que é o mellor xeito de mellora-lo noso artigo, sen cambialo polo artigo castelán. --Alberte Si, dígame? 19:23, 25 febreiro 2010 (UTC)
O noso artigo non se pode dicir que sexa embrionario, é mellorable e ampliable. De tódolos xeitos o que hai ten unha pinta máis que boa. Hai material dabondo polo mundo adiante para seguir traballando en este tema. Haberá que encontrar a alguén que se anime. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:50, 25 febreiro 2010 (UTC)

Davisuke, o artigo que hai eiquí ten información válida que non se pode quitar, o que lle pasa é que está un pouco escuchimizado para o que podería ser. O que se podería facer é conseguir que engorde achegando información doutros lugares. Un xeito doado é traducir as partes do artigo en castelán que podan complementar os apartados que faltan no noso artigo. Pero hai que andar con tino de non traer para aqui información que non sexa correcta ou que non se poda verificar. Ánimo, mételle o dente que este artigo ten moito zume!. E non te preocupes por romper as cousas que aqui non se perde nada, ou case nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:29, 8 de marzo de 2011 (UTC)

De acordo, para dentro de 2 semanas empezarei a buscar información sobre este tema para completalo.

Saúdos!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Davisuke (conversacontribucións)

Refacer o artigo[editar a fonte]

Boas, hai tempo que lle levo dando voltas á idea de ampliar este artigo mais non consigo achar a forma de facelo. O principal motivo é que non encontro as fontes primarias dada a práctica ausencia de referencias, só existe unha bibliografía que engadíu HombredHojalata hai uns meses copiándoa do artigo en castelán. Revisei o historial de edicións e comprobei que a estrutura básica que actualmente ten o artigo vén da edición do 31 de agosto de 2005 feita por Xosel. Comprobei tamén que dita edición é unha tradución do artigo homónimo (como estaba nese momento) da wikipedia en portugués, artigo que tamén carecía de referencias.

Estou de acordo co que din nesta páxina de conversa Alberte, Xoacas e Elisardo, no sentido de que é mellor ampliar un artigo potencialmente bo, que prescindir da información para darlle outro enfoque mediante, por exemplo, a tradución doutra wiki; mais neste caso a tarefa, polo menos para min, antóllaseme practicamente imposíbel. A estrutura da páxina en portugués mudou radicalmente polo que é de pouca axuda; estiven mirando as páxinas de wikis de idiomas cercanos e non achei a estrutura da nosa en ningunha delas. Quero recordar tamén que Elisardo nesta mesma páxina de conversa animou a Davisuke en marzo de 2011 a ampliar o texto existente e desde entón non houbo ningunha edición no artigo de Davisuke, supoño que lle pasou o mesmo que a min. Pasaron 5 anos e o corpo do artigo permanece en esencia igual, sen que se vexan posibilidades de amplialo e/ou referencialo.

Dito isto, son da mesma opinión que manifestou Davisuke no 2010: traducir o artigo doutra(s) wiki(s). Ademais está considerado artigo destacado nas wikis castelá, portuguesa, catalá e inglesa. De tódolos xeitos, respectaria a introdución que ampliaría coa da wiki en castelán, pois é un resumo desta.

Se estades de acordo, xa me poño. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de marzo de 2016 ás 22:58 (UTC)[responder]

Xosé Antonio, ti mellora o artigo o mellor que vexas e listo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2016 ás 23:25 (UTC)[responder]
Despois de mergullarme un pouco no artigo, penso que a estrutura do noso é moito mellor cá predominante nas demais wikis. E pouco a pouco van aparecendo sitios onde buscar referencias. Polo tanto retiro todo o dito antes, e tentarei de ir arranxando o artigo sen modificar a estrutura e engadindo referencias. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de abril de 2016 ás 17:08 (UTC)[responder]