Cirilo e Metodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Icona de Cirilo e Metodio

Cirilo e Metodio (grego: Κύριλλος καὶ Μεθόδιος, antigo eslavo eclesiástico: Кѷриллъ и Меѳодїи), nados no século IX en Tesalónica , foron dous irmáns grego bizantinos do século IX. Foron os principais misioneiros cristiáns entre os pobos eslavos da Gran Moravia e Pannonia, introducindo o cristianismo ortodoxo e escribindo aos ata entón analfabetos e pagáns eslavos que estaban emigrando cara a  Macedonia e noutros lugares dos Balcáns.[1][2][3][4][5][6][7][8] Pola súa obra influíron no desenvolvemento cultural de todos os eslavos, polo que recibiron o título de "Apóstolos dos eslavos". Débeselle a creación do  alfabeto glagolítico, o primeiro alfabeto que se usou para transcribir o  antigo eslavo eclesiástico .[9]  Ámbolos dous irmáns son venerados como santos da Igrexa Ortodoxa. En 1880, o papa León XIII introduciu a súa festa no calendario da Igrexa católica romana. En 1980, o papa Xoán Paulo II declarounos  copatróns de Europa, canda Bieito de Nursia.[10]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Os dous irmáns naceron na actual Macedonia grega, Cirilo en 827 ou 828 e Metodio entre 815 e 820. Os bizantinistas más destacados consideran que os irmáns eran gregos étnicos que aprenderan o dialecto eslavo macedonio antes de introducir o cristianismo ortodoxo e lle deron unha escrita para uso dos emigrantes eslavos en Macedonia e noutras partes dos Balcáns.[11] Considérase a Cirilo o máis novo de sete irmáns, o seu nome de nacemento era Constantino, mais tomou o nome de Ciriloao converterse en freire en Roma pouco antes da súa morte, segundo a "Vita Cyrilli".[12][13][14][15] Metodio tiña Miguel como nome de bautismo e ao profesar como freire en e tomou o nome Methodius a devir un monxe no Olimpo de Misia (actual Uludağ), no noroeste de Turquía.[16] O seu pai era Leo, un droungarios do thema bizantino de Tesalónica, e a súa nai era María, quizais unha eslava.[17]

O seu pai morreu candø Cirilo tiña catorce anos, e o poderoso ministro Theoktistos, quen era logothetes tou dromou, un dos altos ministros do Imperio, converteuse no seu protector. El foi tamén responsable, xunto co rexente Bardas, de iniciar un programa educativo dentro do Imperio que culminou no establecemento da Universidade de Magnaura, onde estudou Cirilo, e que algún tempo despois de acabar ordenouse sacerdote.

Misións no Oriente Medio[editar | editar a fonte]

O coñecemento que tiña Cirilo de teoloxía e o dominio do árabe e o hebreo fixo que a corte o enviase a unha misión diplomática diante o califa Al-Mutawakkil no ano 851 [18]

No ano 860 a petición do emperador Miguel III e do Patriarca de Constantinopla Focio I foi nunha expedición misioneira ao territorio dos xázaros para evitar a expansión do xudaísmo entre ese pobo, o que constituíu un fracaso xa que o xudaísmo acabou por se converter na súa relixión nacinal. 

Despois do seu regreso a Constantinopla, Cirilo foi profesor de  filosofía no universidade. 

Misión entre os eslavos[editar | editar a fonte]

Gran Moravia[editar | editar a fonte]

Cirilo e Metodio, pintura  deJan Matejko, 1885
Basílica dos Santos Cirilo e Metodio na localidade morava de Velehrad na República Checa

No ano 862, os irmáns empezaron o labor que lles daría a súa importancia histórica. Ese ano o príncipe Rastislav da Gran Moravia pediulle ao emperador Miguel III e ao patriarca Focio que enviase misioneiros para evanxelizar aos seus súbditos eslavos. O motivo para esta medida era máis político ca relixioso.  Rastislav convertérase en rei co apoio do gobernante franco pero agora buscaba consolidar a súa independencia dos francos. Cirilio e Metodio non foron os primeiros en levar a mensaxe cristiá a  Moravia, nunha carta de Rastislav a Miguel III afírmase claramente que  "xa rexeitaran o paganismo e se adheriran á lei cristiá."[19] Rastislav xa seguramente expulsara missioneiros da Igrexa Romana e polo contra virouse cara a Constantinople para a asistencia eclesiástica e, presumiblemente, na busca de apoio político.[19] O Emperador rápidamente escolleu enviar a Cirilo, acompañado polo seu irmán Metodio. A petición proporcionou unha oportunidade conveniente de expandir a influencia bizantina. O seu primeiro traballo parece que foi a escolla e ensino de axudantes. En 863, empezaron a tarefa de traducir a Biblia á lingua agora coñecida como antigo eslavo eclesiástico e viaxaron á Gran Moravia para promovelo. Tiveron un éxito considerable nesta tarefa. Non obstante, entraron en conflito con eclesiásticos alemáns que opuñan os seus esforzos para crear unha liturxia especificamente eslava.

Para o propósito desta misión, deseñaron o glagolítico, o primeiro alfabeto para ser utilizado en manuscritos eslavos e que se adaptaba ben ás feituras específicas do eslavo,  desta escrita deriva o cirílico, aínda utilizado por moitas linguas hoxe.[19]

Escribiron o primeiro Código Civil eslavo, que se utilizou na Gran Moravia. A lingua derivada desde antigo eslavo eclesiástico, conocida como eslavo eclesiástico, aínda se utilizan na liturxia de varias igrexas ortodoxas e mais tamén nalgunhas igrexas católicas orientais.

Non se sabe con certeza que partes da Biblia traduciron, a "Translatio" tan só menciona unha versión do evanxeos realizada por Cirilo, e a "Vita Methodii" só do "evangelium slovenicum".

Tampouco se sabe que liturxia, se a de Roma ou a de Constantinopla, tomaron como fonte. Ben puideron utilizar tamén o alfabeto romano, cando suxieren fragmentos litúrxicos moi semellantes ao tipo latino. 

Viaxe a Roma[editar | editar a fonte]

Os santos Cirilo e Metodio en Roma. Fresco de San Clemente

No ano 867, o papa Nicolao I convidou os irmáns a Roma. A súa misión evanxelizadora Moravia convertérase en focu dunha disputa con Theotmar, o arcebispo de Salzburgo e bispo de Passau, quen reclamaba o control eclesiástico do mesmo territorio e desexaba que se utilizase a liturxia latina exclusivamente. Viaxando coas reliquias de San Clemente e un séquito de discípulos, pasaron por Pannonia (o principado de Balatón), onde foron ben recibidos polo príncipe Koceľ, chegaron a Roma en 868, onde foron calorosamente recibidos, en parte debido a traer con eles as reliquias e ao feito que a rivalidade con Constantinopla sobre da xurisdición sobre o territorio dos eslavos inclinaría a Roma para valorizar os irmáns e a súa influencia.[19]

Enxalzouse os irmáns pola súa sapiencia e pola súa influencia en Constantinopla. Anastasius Bibliothecarius máis tarde diría que Cirilo era "un home de vida apostólica" e "un home de gran sabedoría".[20] O seu proxecto en Moravia atopou apoiono papa Hadrián II, quen autorizou formalmente o uso da nova liturxia eslava. A ordenación de Metodio e discípulos eslavos dos irmáns efectuarona Formoso e Gauderico, dous bispos prominentes, e os novos sacerdotes oficiaron na súa propia lingua nos altares dalgunhas das principais igrexas. Sentindo que o seu fin se aproxima, Cirilo profesou como monxe, adoptou o nome de Cirilo, e morreu cincuenta días máis tarde (14 febreiro 869). Cuestionase a aseveración da Translatio (ix.) relativa a que foi feito bispo.

Metodio [editar | editar a fonte]

Metodio continuou o traballo entre os eslavos só pero en Pannonia, concretamente no principado de Balatón (no Balaton Principality), por mor das circunstancias políticas de Moravia,  Svatopluk fixera prisioneiro ao seu tío Rastislav, e logo mandárallo  a Carlomagano, e finalmente condenado nunha dieta imperial ao final de 870.

Koceľ establecera boas relacións cos irmáns na viaxe a Roma, pero a actividade en Pannonia levou a un conflito co episcopado alemán, e especialmente co bispo de Salzburgo, quen tivera a xurisdición sobre Pannonia durante setenta e cinco anos. En 865 o bispo Adalwin exercía todos os dereitos episcopais alí, deixando a súa administración nas mans do arcipreste Riehbald, que tras a chegada de Metodio tivo que se retirar a Salzburgo, mais o seu superior non tiña intención de abandonar as súas reclamacións. Metodio buscou o apoio de Roma; a Vita afirma que Koceľ enviou unha honorable escolta para recibir a consagración episcopal.

O papa consagrou a Metodio como arcebispo de Sirmium con xurisdición sobre Gran Moravia e Pannonia.

Últimos anos de Metodio[editar | editar a fonte]

As reclamacións arcebispais de Metodio considerouuse unha inxuria aos dereitos de Salzburgo que contestou coa celebración dun sínodo en Ratisbona na presenza do rei Luis. A asemblea, despois dunha forte discusión, declarou o deposición do intruso, e ordenou a súa marcha a Alemaña, onde estivo prisioneiro en Ellwangen durante dous anos e medio. O papa enviou un bispo para reinstalalo e castigar os seus inimigos.

Cirilo e Metodio por Stanislav Dospevski.

O desexo papal prevaleceu, e Metodio asegurou a súa liberdade e autoridade arcebispal tanto sobre a Gran Moravia como sobre Pannonia, aínda que non o uso do eslavo na misa. Tras a morte de Kocel a súa autoridade quedou reducida en Pannonia ao quedar o principado baixo a administración de nobres alemáns. Pero en Gran Moravia, Svalopluk gobernaba practicamente independente e expulsou ao clero alemán, co que Metodio gañou poder neste territorio. Entre o 873 e o 879 foi un período de progreso no seu labor evanxelizador. Non obstante houbo algúns conflitos entre Metodio e Roma a causa de interpretacións diversas na aplicación da liturxia e o uso do rito eslavo.

Metodio morreu, aínda que non hai certeza absoluta, o 8 de abril de 885, deixando como sucesor a Gorazd pero o papa Estevo V non o recoñeceu, prohibindo despois o uso da liturxia eslava O mesmo Papa/Papa prohibiu o uso da liturxia eslavae nomeou un novo sucesor, Wiching, quen mandou ao exilio os discípulos dos dous irmáns en 885 marchando ao Primeiro Imperio Búlgaro, onde estableceron escolas teolóxicas, desenvolveron o alfabeto cirílico baseado no glagolítico, e que gradualmente acabou suplantándoo como o alfabeto do antigo eslavo eclesiástico, que se converteu na lingua oficial do Imperio Búlgaro e esparexeuse despois polas terras dos eslavos orientais de Kievan Rus' e que se acabou convertendo no alfabeto estándar nos países eslavos ortodoxos. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Columbia Encyclopedia, Sixth Edition. 2001–05, s.v.
  2. The Columbia Encyclopaedia, Sixth Edition. 2001–05, O.
  3. Encyclopædia Britannica, Major alphabets of the world, Cyrillic and Glagolitic alphabets, 2008, O.
  4. Hastings, Adrian (1997). The construction of nationhood: ethnicity, religion, and nationalism. Cambridge: Cambridge University Press. p. 126. ISBN 0-521-62544-0. The activity of the brothers Constantine (later renamed Cyril) and Methodius, aristocratic Greek priests who were sent from Constantinople. 
  5. Fletcher, R. A. (1999). The barbarian conversion: from paganism to Christianity. Berkeley, California: University of California Press. p. 327. ISBN 0-520-21859-0. 
  6. Cizevskij, Dmitrij; Zenkovsky, Serge A.; Porter, Richard E. Comparative History of Slavic Literatures. Vanderbilt University Press. pp. vi. ISBN 0-8265-1371-9. Two Greek brothers from Salonika, Constantine who later became a monk and took the name Cyril and Methodius. 
  7. The illustrated guide to the Bible. New York: Oxford University Press. 1998. p. 14. ISBN 0-19-521462-5. In Eastern Europe, the first translations of the Bible into the Slavoruic languages were made by the Greek missionaries Cyril and Methodius in the 860s 
  8. Smalley, William Allen (1991). Translation as mission: Bible translation in the modern missionary movement. Macon, Ga.: Mercer. p. 25. ISBN 978-0-86554-389-8. The most important instance where translation and the beginning church did coincide closely was in Slavonic under the brothers Cyril and Methodius, with the Bible completed by A.D. 880. This was a missionary translation but unusual again (from a modern point of view) because not a translation into the dialect spoken where the missionaries were. The brothers were Greeks who had been brought up in Macedonia. 
  9. Liturgy of the Hours, Volume III, 14 February.
  10. "Egregiae Virtutis". Consultado o 26 April 2009. 
  11. Robert Browning, 'The Byzantine Empire', London, 1980.
  12. Cyril and Methodius, Encyclopedia Britannica 2005
  13. Vita Constantini slavica, Cap. 18: Denkschriften der kaiserl.
  14. Chapter 18 of the Slavonic Life of Constantine, an English translation
  15. English Translation of the 18th Chapter of the Vita Constantini, Liturgy of the Hours, Proper of Saints, 14 February
  16. Modelo:Failed verification http://www.wf-f.org/StsCyrilMethodius.html[]
  17. Kazhdan, Alexander P. (1991). The Oxford dictionary of Byzantium. New York: Oxford University Press. p. 507. ISBN 0-19-504652-8. Constantine (Cyril) and his brother Methodius were the sons of the droungarios Leo and Maria, who may have been a Slav. 
  18. Gregory M. Reichberg, Henrik Syse, Nicole M. Hartwell (2014) Religion, War, and Ethics: A Sourcebook of Textual Traditions  Cambridge University Press, p. 186
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Vizantiiskoe missionerstvo, Ivanov S.
  20. "Vir apostolicae vitae... sapientissimus vir" MGH Epist., 7/2, 1928, p. 436