Cristovo Cellarius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristovo Cellarius
Christoph Cellarius.png
AlcumeCellarius
Nacemento22 de novembro de 1638
Lugar de nacementoSchmalkalden
Falecemento4 de xuño de 1707
Lugar de falecementoHalle (Saale)
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Jena e Universidade de Giessen
Ocupaciónfilólogo, historiador, profesor universitario, erudito clásico, pedagogo e orientalista
editar datos en Wikidata ]

Christophorus Cellarius, ou Cristovo Cellarius (en alemán: Cristoph Keller), nado en 1638 e finado en 1707, foi un historiador alemán e profesor de Retórica e Historia na Universidade de Halle. É fundamentalmente coñecido pola introdución da división clásica das Idades da Historia: Antiga, Media e Moderna.

Fíxoo en primeiro lugar nun manual escolar de Historia Antiga editado en 1685, e o seu éxito induciulle a repetila noutro, de maior difusión, titulado Historia Medii Aevi a temporibus Constanini Magni ad Constaninopolim a Turcis captam deducta (Jena, 1688).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RIU, Manuel (1978): Prólogo a la edición española en La historia del mundo en la Edad Media (The Shorter Cambridge Medieval History, The Later Roman Empire To The Twelfth Century).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.