Astrolabio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astrolabio persa do século XVIII.

Un astrolabio é un instrumento antigo usado con fins astrolóxicos e astronómicos coma medir a altura dos astros por riba do horizonte. Foi inventado por Hipatia de Alexandría, e máis tarde foi simplificado e substituído polo sextante.

Tamén era utilizado para resolver problemas xeométricos, como calcular a altura dun edificio ou a profundidade dun pozo. Formábao un disco de latón graduado no seu bordo, un anel de suspensión e unha mediclina (especie de punteiro). O astrolabio náutico era unha versión simplificada do tradicional e tiña a posibilidade de medir a altura dos astros para axudar na localización en alta mar.

A vantaxe do astrolabio en relación ao cuadrante é o feito de que é máis doado para traballar á luz do día e tamén porque a Estrela Polar non era visible no hemisferio sur. Era tan pesado que era capaz de permanecer pendurado verticalmente a pesar do abaneo do navío

O astrolabio moderno de metal inventouno Abraham Zacuto en Lisboa, a partir de versións árabes pouco precisas.

Facer un astrolabio[editar | editar a fonte]

Na actualidade existen numerosos programas de software para facer astrolabios. O Observatorio austral europeo facilita de xeito gratuíto un programa para elaborar astrolabios adaptados a latitude e lonxitude do observador.[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]