Christopher Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristopher Hill
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
York, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte23 de febreiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Oxfordshire, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBalliol College, Oxford (pt) Traducir
St Peter's School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de Cardiff Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoWilliam B. Vlcek (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

John Edward Christopher Hill, nado en York o 6 de febreiro de 1912 e finado en Chipping Norton o 23 de febreiro de 2003, foi un académico e historiador marxista inglés, especializado na historia inglesa do século XVII. Entre 1965 e 1978 foi Master do Balliol College, na Universidade de Oxford.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Chris Hill naceu o 6 de febreiro de 1912 en Bishopthorpe Road, York, fillo de Edward Harold Hill e Janet Augusta (de solteira Dickinson). O seu pai era avogado e a familia era metodista devota. Asistiu á St Peter's School, York.[1] Aos dezaseis anos realizou o exame de ingreso ao Balliol College da Universidade de Oxford. Os dous titores de historia que examinaron os seus artigos recoñeceron a súa habilidade e ofrecéronlle un posto para evitar por calquera medio que fose á Universidade de Cambridge.[2] en 1931 Hill tomouse unhas longas vacacións en Friburgo, Alemaña, onde foi testemuño do ascenso do partido nazi, feito que máis tarde dixo que contribuíra á radicalización da súa política.

Matriculouse no Balliol College en 1931. En 1932, foille outorgado o premio Lothian.[2] Graduouse cun grao de primeira clase como Bachelor of Arts en historia moderna en 1934. Mentres estaba en Balliol, Hill converteuse en marxista militante e uniuse ao Partido Comunista de Gran Bretaña o ano en que se graduou.[1]

Inicio da carreira académica[editar | editar a fonte]

Tras graduarse, converteuse en membro do All Souls College. En 1935, fixo unha viaxe de dez meses a Moscova. Alí aprendeu ruso e estudou historia soviética, particularmente a relacionada con Gran Bretaña.[1] Tras volver a Inglaterra en 1936, aceptou un posto no ensino como lector axudante no University College of South Wales and Monmouthshire. Durante o seu tempo en Cardiff, intentou unirse ás Brigadas Internacionais para loitas na guerra civil española, mais foi rexeitado.[2] En lugar diso, estivo activo axudando os refuxiados vascos desprazados pola guerra.[1] Despois de dous anos en Cardiff, volveu ao Balliol College en 1938 como titor de historia.[1]

Servizo de guerra[editar | editar a fonte]

Tralo inicio da segunda guerra mundial, uniuse ao exército británico. Foi nomeado segundo tenente na Infantaría Lixeira de Oxfordshire e Buckinghamshire o 2 de novembro de 1940, con número de servizo 156590.[3] Ese mesmo ano, tomou parte nun debate con moitos historiadores marxistas. Arredor desa época, Hill comezou a publicar os seus artigos e críticas sobre a historia inglesa do século XVII. O 19 de outubro de 1941, pasou ao corpo de intelixancia.[4] Foi enviado ao Foreign Office dende 1943 ata o final da guerra.[2]

Carreira posterior[editar | editar a fonte]

Hill volveu á Universidade de Oxford trala guerra para continuar o seu traballo académico. En 1946, Hill e outros historiadores marxistas formaron o Grupo de Historiadores do Partido Comunista. En 1949 presentouse para a cátedra de historia na nova Universidade de Keele, mais foi rexeitado pola súa afiliación ao partido comunista.[1] Axudou a crar a revista académica Past and Present en 1952, centrada en historia social.[1]

Hill comezou a sentirse descontento pola falla de democracia no partido comunista.[2] Non obstante, permaneceu nel, ao contrario que outros intelectuais, trala invasión soviética de Hungría en 1956. Finalmente abandonou o partido na primavera de 1957, cando un dos seus informes ao congreso do partido foi rexeitado.[1]

Despois de 1956, a carreira de Hill medrou. Os seus estudos eran amplamente coñecidos e recoñecidos. Foi tamén o ano que publicou o seu primeiro libro académico, Economic Problems of the Church from Archbishop Whitgift to the Long Parliament.[1] Estaba baseado no estudo de fontes impresas dispoñíbeis na Bodleian Library e en traballos producidos por outros historiadores académicos mais que na investigación de arquivos sobreviventes. En 1965 foi escollido Master do Balliol College.[1] Mantívose no posto entre 1965 e 1978, cando se retirou e foi substituído por Anthony Kenny. Entre os seus alumnos en Balliol estivo Brian Manning, que continuou a desenvolver o coñecemento da revolución inglesa. En Oxford, tamén foi membro sénior na exclusiva Stubbs Society.

Moitos dos estudos máis destacados céntranse na historia inglesa do século XVII. Os seus libros inclúen Puritanism and Revolution (1958), Intellectual Origins of the English Revolution (1965 e revisado en 1996), The Century of Revolution (1961), AntiChrist in 17th-century England (1971) e The World Turned Upside Down (1972), entre outros.

Retirouse de Balliol en 1978 cando aceptou un posto a tempo completo por dous anos na Open University. Continuou a dar clases dende a súa casa en Sibford Ferris, Oxfordshire.

Nos últimos anos sufriu alzhéimer e requiría coidado constante.[5] Faleceu o 23 de febreiro de 2003 de atrofia cerebral nunha residencia de Chipping Norton, Oxfordshire.[1]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Hill casou con Inez Waugh (de solteira Bartlett) o 17 de xaneiro de 1944. Con vinte e tres anos, era a ex-esposa de Ian Anthony Waugh e filla dun oficial do exército, Gordon Bartlett. Xuntos tiveron unha filla, Fanny, que afogou mentres estaba de vacacións en España en 1986. O matrimonio rompeuse logo de dez anos.[1]

A súa segunda esposa foi Bridget Irene Mason (de solteira Sutton),[5] ex-esposa de Stephen Mason, colega historiador e comunista. Casaron o 2 de xaneiro de 1956. A súa primeira filla Kate faleceu nun accidente de tráfico en 1957. Tiveron outros dous fillos, Andrew (nado en 1958) e Dinah (nada en 1960).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 "Hill, (John Edward) Christopher (1912–2003)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. xaneiro de 2007. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Obituary: Christopher Hill". The Guardian. 26 de febreiro de 2003. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  3. "No. 34995". The London Gazette (Supplement): 6621–6625. 15 de novembro de 1940. 
  4. "No. 35360". The London Gazette (Supplement): 6830. 25 de novembro de 1941. 
  5. 5,0 5,1 "Hill [née Sutton], Bridget Irene (1922–2002)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. xaneiro de 2006. Consultado o 30 de xuño de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adamo, Pietro, "Christopher Hill e la rivoluzione inglese: itinerario di uno storico", pp. 129–158 en Societá e Storia, Volume 13, 1990.
  • Clark, J. C. D., Revolution and Rebellion: State and Society in England in the Seventeenth and Eighteenth Centuries, Cambridge: Cambridge University Press, 1986.
  • Davis, J. C., Myth and History: the Ranters and the Historians, Cambridge: Cambridge University Press, 1986.
  • Eley, Geoff and Hunt, William (editors), Reviving the English Revolution: Reflections and Elaborations on the Work of Christopher Hill, Londres: Verso, 1988.
  • Fulbrook, Mary, "The English Revolution and the Revisionist Revolt", pp. 249–264 from Social History, Volume 7, 1982.
  • Hexter, J. H., "The Burden of Proof", Times Literary Supplement, 24 de outubro de 1975.
  • Hobsbawm, Eric, "'The Historians Group' of the Communist Party" en Rebels and Their Causes: Essays in Honor of A. L. Morton, editado por Maurice Cornforth, Londres: Lawrence and Wishart, 1978.
  • Kaye, Harvey J., The British Marxist Historians: an introductory analysis, Cambridge: Polity Press, 1984.
  • Morrill, John, "Christopher Hill", pp. 28–29 en History Today Volume 53, número 6, xuño de 2003.
  • Pennington, D. H. and Thomas, Keith (editors), Puritans and Revolutionaries: essays in seventeenth-century history presented to Christopher Hill, Oxford: Clarendon Press, 1978.
  • Pennington, Donald, "John Edward Christopher Hill", in British Academy, Proceedings of the British Academy: Volume 130: Biographical Memoirs of Fellows, IV Oxford, Oxford University Press, 2005, pp. 23–49.
  • Richardson, R. C., The Debate on the English Revolution Revisited, Londres: Methuen, 1977.
  • Samuel, Raphael "British Marxist Historians, 1880–1980", pp. 21–96 en New Left Review, Volume 120, marzo–abril 1980.
  • Schwarz, Bill, "'The People' in History: the Communist Party Historians' Group, 1946–56" en Making Histories: Studies in History-Writing and Politics, editado por Richard Johnson, Londres: Hutchinson, 1982.
  • Underdown, David, "Radicals in Defeat", New York Review of Books, 28 de marzo de 1985.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]