Grupo Atlántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O grupo Atlántica foi unha agrupación artística galega, creada en 1980 co propósito de reactivar as artes plásticas en Galiza. O grupo tivo unha curta vida no panorama artístico, realizaron cinco exposicións comisariadas polo colectivo entre 1980 (a primeira delas foi en Baiona) e 1983.

En 1981 recibiu o Premios da Crítica Galicia na categoría de Iniciativas culturais.

Membros[editar | editar a fonte]

O grupo estaba composto pola pintora Menchu Lamas (quizais a máis coñecida e mellor valorada pola crítica), os pintores Antón Lamazares Silva, Ánxel Huete, Antón Patiño, Monroy e o escultor Ignacio Basallo.

Tamén estiveron vinculados o pintor Manuel Moldes, Din Matamoro e Berta Álvarez Cáccamo.

Características[editar | editar a fonte]

Atlántica tiña por obxectivo modernizar a plástica galega sen deixar de entroncala nunhas sinais de identidade propias próximas a plantexamentos políticos progresistas e galeguistas. Enmarcando a proposta dentro doutras de tipo internacionalista, os membros de Atlántica son en certo modo herdeiros dos seus coetáneos da transvangarda italiana. Recupéranse símbolos e signos de carácter mitolóxico, relacionados co mundo precristián, céltico e o contorno do océano Atlántico, do que toman a denominación. No caso da escultura prodúcese unha revalorizacion da pedra e a madeira como materiais escultóricos identitarios.

Estilisticamente o grupo comparte poucas sinais comúns, exceptuando quizais influencias do expresionismo abstracto americano ou a action painting.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Catálogo: Imaxes nos oitenta. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela, 1984.
  • CALVO SERRALLER, F.: Del futuro al pasado, vanguardia y tradición el arte español contemporáneo. Madrid, 1988.
  • CASTRO, A.: Expresión Atlántica. Follas Novas. Santiago de Compostela, 1985.
  • CASTRO, A.: A cultura e a creatividade galegas cara ó ano 2000. Ed. Escola e Sociedade. A Coruña, 1995.

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.