Premio Cultura Galega das Artes Plásticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Cultura Galega das Artes Plásticas é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor no "desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer e ampliar a creación plástica galega e a súa imaxe pública"[1]. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza do anterior, concedido a Francisco Leiro, este premio non ten dotación económica.

Premiados[editar | editar a fonte]

Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.

Notas[editar | editar a fonte]