Esther Duflo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsther Duflo

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Presidente Paris School of Economics (en) Traducir
2024 –
← Daniel Cohen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (2012–)
Francia (1972–) Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure (1992–)
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir - diplôme d'études approfondies (en) Traducir
Lycée Henri-IV
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en filosofía
Paris School of Economics (en) Traducir - magister degree (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseAbhijit Banerjee e Joshua Angrist (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomia do desenvolvimento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , profesora universitaria , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Collège de France (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoDean Karlan (pt) Traducir, Rema Hanna (pt) Traducir, Nancy Qian (en) Traducir, Patricia Cortés (en) Traducir, Jessica Lee Cohen (en) Traducir, Jeanne Lafortune (en) Traducir, Amanda Dawn Pallais (en) Traducir, Mariaflavia Harari (en) Traducir, Christopher Arthur Spohr (en) Traducir, Maisy Wong (en) Traducir, Cynthia Kinnan (en) Traducir, Daniel Keniston (en) Traducir, Daniel L. Chen (en) Traducir, Arun Chandrasekhar (en) Traducir, Sara Hernández (en) Traducir, Hongliang Zhang (en) Traducir, Horacio Larreguy (en) Traducir, Shawn Allen Cole (en) Traducir, Bruno Ferman (en) Traducir, Pablo Querubín (en) Traducir, Leigh L. Linden (en) Traducir e Rachael Meager (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAbhijit Banerjee (2015–)
PaiMichel Duflo Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webecon-www.mit.edu… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4880811 TED: esther_duflo Editar o valor em Wikidata

Esther Duflo, nada en París o 25 de outubro de 1972,[1] é unha economista francesa, cofundadora e directora do Abdul Latif Jameel Poverty Action Lab (J-PAL),[1] e profesora de redución da pobreza e economía do desenvolvemento no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Así mesmo, Duflo é investigadora asociada no National Bureau of Economic Research (NBER) dos Estados Unidos,[2] forma parte da directiva do Bureau for Research and Economic Analysis of Development (BREAD),[3] e dirixe o programa de economía do desenvolvemento do think tank Center for Economic and Policy Research.[1][4]

As súas investigacións céntranse en aspectos microeconómicos de países en vías de desenvolvemento, incluíndo o comportamento das familias, educación, acceso a financiamento, saúde e avaliación de políticas públicas. Xunto con Abhijit Banerjee, Dean Karlan, Michael Kremer, John A. List e Sendhil Mullainathan, impulsou o avance da experimentación de campo como unha importante metodoloxía para descubrir relacións causais en economía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Duflo pertence a unha familia protestante. O seu pai, Michel Duflo, era profesor de matemáticas e a súa nai era pediatra. Aos oito anos, decidiu converterse en historiadora.[5]

Tras terminar a súa educación secundaria no Lycée Henri IV, cursou os seus estudos de pregrao na Escola Normal Superior de París, titulándose en 1994. O ano seguinte obtivo o seu mestrado en economía na École d'économie de Paris, conxuntamente coa Escola Normal Superior, a ENSAE e a École polytechnique.[1] Posteriormente, en 1999, consegiu o doutoramento en economía no MIT, tralo que se converteu en profesora asistente de devandita institución.

Principais contribucións[editar | editar a fonte]

A súa tese de doutoramento centrouse nos efectos dun experimento natural a partir de datos dun programa de expansión escolar en Indonesia na década de 1970 para achegar as primeiras evidencias concluíntes de que nun país en desenvolvemento unha maior educación resulta en mellores salarios.

En 2003, cofundou Poverty Action Lab no MIT, que dende ese momento levou a máis de douscentos experimentos empíricos de desenvolvemento e adestrou profesionais probas controladas aleatorizadas.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Duflo tivo un fillo co investigador Abhijit Banerjee. O bebé naceu en 2012.[6][7] Benerjee é profesor no MIT e foi supervisor do doutoramento de Duflo en 1999.[6] Duflo e Benerjee casaron en 2015.

Premios[editar | editar a fonte]

En 2010 recibiu a Medalla John Bates Clark para economistas de menos de corenta anos que fixesen unha contribución significativa ao pensamento e ao coñecemento económico.

O 13 de maio de 2015 foille concedido o Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais pola súa contribución decisiva á economía do desenvolvemento e ao estudo das políticas contra a pobreza.

Esther Duflo foi galardoada co Premio Nobel de Economía en 2019 xunto cos seus dous coinvestigadores Abhijit Banerjee e Michael Kremer "pola súa aproximación experimental para aliviar a pobreza global". O comunicado de prensa da Real Academia das Ciencias de Suecia indicou: "Os seus métodos de investigación experimental dominan agora por completo o desenvolvemento da economía".[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Esther Duflo CV" (PDF). abril de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  2. "NBER Family members in Economics of Education". Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  3. "About BREAD". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  4. "Research Director and Program Directors". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  5. Parker, Ian (17 de maio de 2010). "The Poverty Lab". The New Yorker. ISSN 0028-792X. Consultado o 1 de febreiro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 Gapper, John (16 de marzo de 2012). "Lunch with the FT: Esther Duflo". Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2018. Consultado o 28 de abril de 2019. 
  7. "Esther's baby". Project Syndicate. 23 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2019. 
  8. "The Prize in Economic Sciences 2019" (PDF). Royal Swedish Academy of Sciences: Nobel prize. 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  9. "Nobel Prize in Economics won by Banerjee, Duflo and Kremer for fighting poverty". The Guardian. 14 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]