Elinor Ostrom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElinor Ostrom
Nome orixinalElinor Claire Awan[1]
Biografía
Nacemento(en) Elinor Claire Awan Editar o valor em Wikidata
7 de agosto de 1933
Os Ánxeles (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
Morte12 de xuño de 2012 (78 anos)
Bloomington (Indiana) Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Presidente American Political Science Association (en) Traducir
1996 – 1997 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
High School de Beverly Hills (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseDwaine Marvick (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolitocóloga
EmpregadorUniversidade do Estado do Arizona (pt) Traducir (2006–2012)
Universidade de Indiana (pt) Traducir (1965–2012)
Universidade de California, Os Ánxeles (1957–1961)
Cabot Corporation (en) Traducir (1955–1957) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoCommon goods movement (en) Traducir e Ecoloxismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJack Hirshleifer (pt) Traducir e Armen Alchian Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJohn Paul McIver (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVincent Ostrom
Premios
Premio Nobel en 2009.

Find a Grave: 91839365 Editar o valor em Wikidata


Elinor Ostrom, nada nos Ánxeles (California) o 7 de agosto de 1933 e finada en Bloomington (Indiana) o 12 de xuño de 2012, foi unha politocóloga estadounidense. Foi a primeira muller en gañar un Premio Nobel de Economía, en 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elinor Ostrom naceu co nome de Elinor Claire Awan en 1933. Ostrom conseguiu un BA con honras en ciencia política na UCLA en 1954. Recibiu un MA en 1962 e o doutoramento en 1965, ambos os dous na UCLA en ciencia política.

En 1973 cofundou The Workshop in Political Theory and Public Policy na Universidade de Indiana en Bloomington, Estados Unidos, xunto co seu marido, Vincent Ostrom. Considerada unha experta en acción colectiva, confianza, e fontes colectivas, o seu achegamento institucional á política pública considerouse tan destacado como para considerarse como unha "escola" na teoría da elección pública (véxase Mitchell 1988). Editou numerosos libros nos campos dos estudos organizacionais, ciencia política e administración pública Tamén foi a directora fundadora do centro de estudos de diversidade institucional na Universidade Estatal de Arizona.

Elinor Ostrom participou nun estudo sobre o uso da terra, organizado pola Universidade das Nacións Unidas -UNU-WIDER- A súa contribución resultou nun capítulo -‘The Puzzle of Counterproductive Property Rights Reforms: A Conceptual Analysis’ -en Access to Land Rural Poverty and Public Action (2001).[2][3]

En 2004 Ostrom foi unha das organizadoras clave na conferencia conxunta organizada pola UNU-WIDER e un grupo de expertos do goberno sueco (o Expert Group on Development Issues (EGDI)) acerca de “Unlocking Human Potential: Linking the Informal and Formal Sectors’. A publicación resultante -, Linking the Formal and Informal Economy: Concepts and Measures (2006) é coeditada por Basudeb Guha Khasnobis, Ravi Kanbur e ela mesma.

Áreas de interese[editar | editar a fonte]

Considérase que Ostrom foi unha das estudosas máis destacadas na área de recursos compartidos ou bens comúns (commons, en inglés), en particular, respecto de como os seres humanos interactúan a fin de manter a longo prazo os niveis de produción de recursos comúns, tales como bosques e recursos hidrolóxicos, incluíndo pesca e sistemas de irrigación, áreas de pasteiros, etc.

Tradicionalmente os economistas consideraron que manter tales recursos require xa sexa da intervención estatal ou do interese privado individual (ver traxedia dos comúns).[4] Ostrom estudou a maneira na que diversas sociedades desenvolveron formas institucionais respecto diso e casos concretos nos cales as comunidades instituiron prácticas comunais que permitiron a preservación de recursos comúns e evitaron a degradación do medio:

“Elinor Ostrom desafiou a concepción tradicional de que a propiedade común non se manexa ben (...) concluíu que os resultados son, máis a miúdo que non, mellores que os preditos polas teorías estándares. Observou que quen utilizan os recursos frecuentemente desenvolven sofisticados mecanismos de decisión e enforzamento de regras para manexar conflitos de interese, e caracteriza as regras que promoven resultados positivos”.[4]

No seu traballo fundamental O Goberno dos Bens Comúns (Obra) (1990), estuda múltiples casos que mostran como manexar e dispor colectivamente de recursos escasos. Como resumo da súa investigación, Ostrom nomea oito "principios de deseño" dunha xestión estábel de recursos comúns:[5]

  1. Límites claramente definidos (exclusión efectiva de terceiras partes non involucradas).
  2. Regras de uso e goce dos recursos comúns adaptadas ás condicións locais.
  3. Acordos colectivos que permitan participar aos usuarios nos procesos de decisión.
  4. Control efectivo, por parte de controladores que sexan parte de ou aos que a comunidade poida pedir responsabilidades.
  5. Escala progresiva de sancións para os usuarios que transgredan as regras da comunidade.
  6. Mecanismos de resolución de conflitos baratos e de fácil acceso.
  7. Autoxestión da comunidade, recoñecida polas autoridades de instancias superiores.
  8. No caso de grandes recursos comúns, organización en varios niveis; con pequenas comunidades locais no nivel base.

Os últimos traballos de Ostrom salientan a natureza multivariada da interacción entre humanos e sistemas ecolóxicos e busca crear un sistema formal xeral que permita identificar e estudar os elementos ou variábeis que inflúen na posibilidade de auto organización por parte das comunidades en relación ao desenvolvemento de relacións socio-ecolóxicas sustentábeis.[6]

A UNU-WIDER resalta que a Academia Real Sueca outorgoulle o Premio Nobel por “a súa análise da gobernanza ("governance") económica, especialmente os límites da empresa”.[7]

Premio Nobel de Economía[editar | editar a fonte]

En 2009, Ostrom converteuse na primeira muller en recibir o prestixioso Premio Nobel de Economía.[8] O Banco Central de Suecia seleccionou a Ostrom por "a súa análise da gobernanza económica, especialmente dos recursos compartidos" afirmando que o seu traballo demostrou como os bens comúns poden ser administrados de forma efectiva por un grupo de persoas usuarias."[9] Ostrom e Oliver E. Williamson compartiron o premio de 10 millóns de coroas suecas (aprox. 1,44 millóns de dólares ou 1 millón de euros) polos seus traballos independentes "sobre o goberno económico e sobre os límites das empresas".[10]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Governing the Commons: The Evolution of Institutions for Collective Action Ostrom, Elinor, Cambridge University Press, 1990.
  • Institutional Incentives and Sustainable Development: Infrastructure Policies in Perspective Ostrom, Elinor, and Schroeder, Larry, and Wynne, Susan, Oxford: Westview Press, 1993.
  • Rules, Games, and Common Pool Resources. Ostrom, Elinor, and Gardner, Roy, and Walker, James, Editors, Ann Arbor, University of Michigan Press, 1994.
  • con Crawford, Sue E. S., “A Grammar of Institutions.” American Political Science Review 89, nº.3 (setembro 1995): 582–600.
  • A Behavioral Approach to the Rational Choice Theory of Collective Action: Presidential Address, American Political Science Association, 1997. Ostrom, Elinor, The American Political Science Review 92(1): 1–22. 1998.
  • Trust and Reciprocity: Interdisciplinary Lessons for Experimental Research, Volume VI in the Russell Sage Foundation Series on Trust, Elinor Ostrom and James Walker, Editors, Russell Sage Foundation, 2003.
  • Understanding Institutional Diversity Ostrom, Elinor, Princeton, Princeton University Press. 2005 (Hai edición castelá, Comprender a diversidade institucional, KRK, Oviedo, 2013).
  • Understanding Knowledge as a Commons: From Theory to Practice Ostrom, Elinor and Hess, Charlotte, Editors, The MIT Press, Cambridge, Massachusetts, 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.familytreelegends.com/records/calbirths?c=search&first=Elinor&last=Awan&spelling=Exact&4_year=1933&4_month=8&4_day=7&5=&7=&SubmitSearch.x=0&SubmitSearch.y=0%7Ctítulo=Nome de nacemento de Elinor Claire Awan|autor=Family Tree Legends|data de consulta=15 de xuño de 2012|idioma=inglés}}
  2. UNU-WIDER estudo “Land Reform Revisited: Access to Land, Rural Poverty and Public Action.”
  3. "UNU-WIDER : Publications". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Comunicado de prensa da The Royal Swedish Academy of Sciences acerca do outorgamento do Premio Nobel de economía 2009: Economic governance: the organization of cooperation Arquivado 27 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
  5. Politikwissenschaft, Band 2, Paul Kevenhörster, VS Verlag für Sozialwissenschaften, 2006, ISBN 3-531-15184-3, S. 357
  6. Elinor Ostrom: A General Framework for Analyzing Sustainability of Social-Ecological Systems (en Science 24 de xullo de 2009: Vol. 325. no. 5939, pp. 419-422)
  7. UNU-WIDER: UNU-WIDER Affiliated Economist Awarded Nobel Prize Arquivado 21 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  8. El Comercio. "Muere Elinor Ostrom, la única mujer Premio Nobel de Economía". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 20 de setembro de 2017. . (En español)
  9. Comunicado de prensa da The Royal Swedish Academy of Sciences acerca da concesión do Premio Nobel de economía 2009: Economic governance: the organization of cooperation Arquivado 27 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
  10. Elinor Ostrom, primeira muller en obter o Nobel de Economía. (En español)