Saltar ao contido

José Iraragorri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Iraragorri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Iraragorri Ealo Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata
Basauri, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 1983 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Galdakao, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesChato Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1929–1936   Athletic Club 113(87)
1939–1941   CA San Lorenzo 5(0)
1943–1946 Real Club España
1946–1949   Athletic Club 28(7)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1931–1936   España 7(2)
1937–1939   País Vasco 113(81)
Participou en
1934Mundial de Fútbol Italia 1934 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesJosé Mandaluniz, curmán Editar o valor en Wikidata

FIFA: 51276 Editar o valor en Wikidata

José Iraragorri Ealo, nado en Galdakao (Biscaia) o 16 de marzo de 1912 e finado o 27 de abril de 1983 na mesma vila, foi un xogador e adestrador de fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

A súa carreira deportiva transcorreu no Athletic de Bilbao, onde foi un futbolista fundamental nos anos vinte e trinta. Na tempada 1928-1929 iniciase nas categorías xuvenís do equipo bilbaíno. Ao final da mesma ingresa no primeiro equipo formando parte da dianteira ca que o Athletic foi campión de Liga esa mesma tempada sen perder un só encontro.

A causa da Guerra Civil exiliase na Arxentina no ano 1937 onde xogou dous anos no Club Atlético San Lorenzo de Almagro. Posteriormente xogou sete anos no Real Club España, equipo mexicano no que xogaban numerosos españois exiliados.

No ano 1946 regresa a España para finalizar a súa carreira como futbolista no Athletic.

Foi oito veces internacional, a primeira vez con 19 anos.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

A parte máis brillante da súa carreira como técnico transcorreu no Athletic de Bilbao ao que dirixiu tres tempadas, gañando unha Copa do Xeneralísimo e unha Copa Eva Duarte.

Despois adestraría fugazmente ao Real Valladolid, Celta de Vigo e Hércules CF.

Ao Celta chega no ano 1953 sendo substituído por Ricardo Zamora mediada a tempada cun balance moi pobre de tres vitorias e un empate en doce partidos.

En novembro de 1955 fíxose cargo do Hércules CF para reconducir a situación do equipo pero o descenso foi inevitábel.

Posteriormente adestrou entre outros, á Sociedad Deportiva Indautxu, ademais de ser secretario técnico da mesma.