Agustín Peralta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Peralta
Información persoal
Nome Agustín Peralta Panzano
Nacemento 28 de maio de 1954 (70 anos)
Lugar de nacemento Lalueza
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1979–1981 Sabadell 76 (11)
1981–1986 Deportivo da Coruña 68 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Agustín Peralta Panzano, nado en Lalueza (Huesca) o 28 de maio de 1954, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1979–80 fichou polo CE Sabadell, en Segunda División. No conxunto catalán xogou un papel principal durante dúas campañas, participando en 76 encontros e logrando 11 goles.

Na tempada 1981–82 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde permaneceu 4 campañas. Cun papel principal durante as dúas primeiras, non xogou practicamente ningún encontro nas dúas últimas, relegado á suplencia coa chegada ao banquiño do técnico Arsenio Iglesias na tempada 1983–84 e a incorporación de centrocampistas como Fernando Muñoz ou a titularidade de Jaime Agulló. Durante a súa estadía no Deportivo participou en 68 partidos e marcou 6 tantos, quedando sempre o club galego na zona tranquila da clasificación.

En 1987/88 xogou no Racing Club de Ferrol, disputando 37 partidos e marcando 3 goles. Co cadro verde logrou o ascenso á 2ª División B nesa campaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]