Saltar ao contido

Iago Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIago Iglesias
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,76 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2004   Laracha CF (30)
2005–2005   Atlético Arteixo 0(0)
2005–2007   Deportivo Fabril
2005–2008   Deportivo da Coruña 20(4)
2007–2008 cesión   Elche CF 12(1)
2008–2009   Valencia CF Mestalla
2009–2012   Montañeros CF 78(14)
2012–2014   Racing de Ferrol 60(9)
2014–2015   Laracha CF 15(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007   Galicia 2(0)
2006–2006   España sub-21 1(0)

Iago Iglesias Castro, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1984, é un ex futbolista galego, que xogaba de mediocentro ofensivo.

Debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña na tempada 2005/06, xogando posteriormente en varios equipos de Segunda, Segunda B e Terceira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no Birloque e formouse no Galicia Gaiteira de fútbol sala, equipo coruñés co que foi subcampión de España en categoría infantil.[1] Despois de tres anos no Calasanz FC fichou polo Laracha Club de Fútbol de Rexional Preferente e na tempada 2004/05 deu o salto ao Atlético Arteixo, que aquel ano disputaba a súa única tempada en Segunda División B. Ao rematar a tempada recalou no Deportivo da Coruña, onde alternou partidos do Fabril cos do primeiro equipo, naquel momento adestrado por Joaquín Caparrós. Co primeiro equipo xogou 12 partidos (8 deles como titular) e marcou dous tantos. Nesa tempada foi ademais internacional coa selección sub-21 de España. Ao ano seguinte xogou outros 12 partidos e marcou dous goles máis. Para a tempada 2007/08 foi cedido ao Elche adestrado por David Vidal, en Segunda División, onde o seu rendemento baixou por mor das lesións, polo que non foi renovado ao final da tempada.[2]

En 2008 fichou polo Valencia CF B, en 2ª B, onde estivo unha campaña, participando en 33 partidos e marcando 3 goles. No inicio da tempada 2009–10 incorporouse ao Montañeros CF, tamén de 2ª B, onde xogou as seguintes tres tempadas, ata o descenso a Terceira na última delas, momento no que desapareceu o equipo sénior do club coruñés.[3][4] Fichou entón polo Racing de Ferrol,[5] no que xogou dous anos, logrando no primeiro deles o ascenso á Segunda B.[6] Deixou o club ferrolán en xuño de 2014,[7] e en 2015 xogou varios partidos co Laracha CF.[8][9] A continuación deixou o fútbol e pasou a traballar como promotor de Estrella Galicia na zona de Ferrol, cidade onde reside xunto á súa muller e fillos.[10]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Iago participou nun encontro coa selección española sub-21 contra Dinamarca, tan só uns meses despois de facer o seu debut no Deportivo. Máis tarde xogou outro partido.

Foi internacional coa selección galega en dúas ocasións, nos encontros contra Ecuador (2006) e Camerún (2007).

  1. "Veintitrés años de paciencia". La Opinión A Coruña (en castelán). 26 de febreiro de 2007. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  2. "El Elche no cuenta con el coruñés Iago Iglesias". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 2008. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  3. Antelo, Iván (1 de outubro de 2009). "El Montañeros incorpora al ex deportivista Iago Iglesias". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  4. "El Montañeros CF disuelve su equipo senior" (en castelán). 1 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  5. "El Racing de Ferrol ata por tres campañas a Iago Iglesias". El Correo Gallego (en castelán). 12 de xullo de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  6. "El Racing de Ferrol asciende a segunda B" (en castelán). 1 de xuño de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  7. "Iago Iglesias anuncia que no seguirá en el Racing de Ferrol" (en castelán). 11 de xuño de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  8. "El Laracha busca mediocentro, pero no será Iago Iglesias el que ocupe el puesto". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de decembro de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  9. "El meta Julián Couto, al Laracha". La Opinión A Coruña (en castelán). 8 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  10. Cobas, Eugenio (19 de decembro de 2018). "Iago, el último conquistador de Cádiz". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]