Manuel García Baliña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1936 Ames, España |
Morte | 10 de febreiro de 2008 (71 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel García Baliña, nado en Burgueiros (Ames) o 9 de xuño de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2008, foi un empresario galego.
Traxectoria empresarial[editar | editar a fonte]
Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago, traballou longos anos na empresa madeireira FINSA, da que era propietario e fundador o seu pai, Manuel García Cambón. En 1990, co falecemento deste, pasa a ocupar o posto de presidente da firma, así como o maior número de participacións da empresa a canda o seu irmán Santiago García Baliña, na maioría pertencentes a persoas vencelladas á mesma familia.
Durante a súa etapa á fronte da empresa, acadou a compra de varias empresas do sector e expandiu o seu mercado ata converterse na quinta empresa de Galicia[1] e na sexta madeireira de Europa[2]., dedicada á produción de taboleiro aglomerado, MDF e mobles de montaxe sinxela para grandes cadeas de distribución, como Ikea ou Leroy Merlin.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Conmoción en Compostela por el fallecimiento de Lolo Cambón". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-03-17.
- ↑ El gigante maderero ya es líder en muebles, El País, 23.09.07