Melamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con melanina.
Melamina.

A melamina é unha base orgánica e un trímero de cianamida coa fórmula química C3H6N6 co nome sistemático da IUPAC 2,4,6-triamino-1,3,5-triazina. É lixeiramente soluble na auga. De forma natural forma un sólido branco.

O 66% da súa masa é nitróxeno e por este elevado contido en nitróxeno pódese utilizar para adulterar alimentos, semellando ter un maior contido en proteínas co perigo de resultar tóxico. En 2007 detectouse esta adulteración en alimentos para mascotas exportados desde a China aos Estados Unidos. Ao ano seguinte detectouse na China esa alteración en produtos lácteos para bebés.

A resina de melamina fórmase por policondensación da fenilamina e do formaldehido, é de cor branca e preséntase en forma de cristais con escasa fluidez e insoluble nos disolventes comúns e cunha alta resistencia ao illamento. Utilízase a escala industrial desde 1938 en Alemaña.