Vilaboa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m nova clave para a Categoría:Vilaboa: " " mediante HotCat
m Actualización dos datos de poboación ó IGE de 2016. Inclusión de distancias a localidades próximas no apartado de "Comunicacións".
Liña 17: Liña 17:
altitudemax= - |
altitudemax= - |
altitudemin= |
altitudemin= |
ano poboación= 2014|
ano poboación= 2016|
poboación= 5972|
poboación= 6043|
galego ano= 2011|
galego ano= 2011|
totalgalego= 66,11|
totalgalego= 66,11|
Liña 55: Liña 55:
{{Outros homónimos|Vilaboa (homónimos)}}
{{Outros homónimos|Vilaboa (homónimos)}}


'''Vilaboa''' (do [[latín]] ''villam bonam'', 'vila boa') é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[comarca de Pontevedra]]. Segundo o [[IGE]] en [[2014]] tiña 5972 habitantes (2887 homes e 3085 mulleres). O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|vilaboés}}.
'''Vilaboa''' (do [[latín]] ''villam bonam'', 'vila boa') é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[comarca de Pontevedra]]. Segundo o [[IGE]] en [[2016]] tiña 6.043 habitantes (2.943 homes e 3.100 mulleres). O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|vilaboés}}.


== Xeografía ==
== Xeografía ==
Liña 61: Liña 61:


=== Demografía ===
=== Demografía ===
Os seus 5972 habitantes están repartidos nas súas cinco parroquias, cunha forte dispersión da poboación. Ademais, o concello conta cunha das colonias [[Islam|musulmás]] máis grandes de [[Galicia]], que ronda as 200 persoas. A capital do concello é O Toural.
Os seus 6.043 habitantes están repartidos nas súas cinco parroquias, cunha forte dispersión da poboación. Ademais, o concello conta cunha das colonias [[Islam|musulmás]] máis grandes de [[Galicia]], que ronda as 200 persoas. A capital do concello é O Toural, na parroquia de Vilaboa.


{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|-----
|-----
| '''Censo total (datos 2014)'''
| '''Censo total (datos 2016)'''
| 5972
| 6.043
|-----
|-----
| '''Menores de 15 anos'''
| '''Menores de 15 anos'''
| 800 (13,4 %)
| 808 (13,37 %)
|-----
|-----
| '''Entre 15 e 64 anos'''
| '''Entre 15 e 64 anos'''
| 3741 (62,64 %)
| 3.747 (62,01 %)
|-----
|-----
| '''Maiores de 65 anos'''
| '''Maiores de 65 anos'''
| 1431 (23,96 %)
| 1.488 (24,62 %)
|}
|}


Liña 127: Liña 127:


=== Comunicacións ===
=== Comunicacións ===
O concello está atravesado de norte a sur pola [[N-550]] e de leste a oeste pola [[N-554]]. Amais, crúzao a [[AP-9]], partindo do concello a [[ponte de Rande]]. Tamén pasa por Vilaboa o [[eixe atlántico de alta velocidade]]; antigamente funcionaba a [[estación de Figueirido]].
O concello está atravesado de norte a sur pola [[N-550]] e de leste a oeste pola [[N-554]]. Amais, crúzao a [[AP-9]], partindo do concello a [[ponte de Rande]]. Tamén pasa por Vilaboa o [[eixe atlántico de alta velocidade]]; antigamente funcionaba a [[estación de Figueirido]]. A capital municipal (O Toural), dista uns 10 km da [[Praza da Ferrería]], centro da cidade de [[Pontevedra]], e uns 19 km da [[Porta do Sol]], centro da cidade de [[Vigo]]. Outras localidades próximas son [[Arcade, Soutomaior|Arcade]] ([[Soutomaior]]), a 6 km, [[Redondela]], (14 km), ou [[Moaña]] (16 km).


== Historia e patrimonio ==
== Historia e patrimonio ==

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2017 ás 11:46

Coordenadas: 42°21′35″N 08°38′18″O / 42.35972, -8.63833

Vilaboa
Bandeira de Vilaboa
Escudo de Vilaboa
Ficheiro:CVilaboa.jpg
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]vilaboés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación6043 hab. (2016)[2][3]
Área37,54 km²[3]
Densidade160,97 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Capital do concelloSan Martiño de Vilaboa
Política (2015)
AlcaldeJosé Luis Poceiro Martínez (PSdG)
ConcelleirosBNG: 4
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Vilaboa
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes66,11%
Na rede
http://www.vilaboa.org/
Facebook: alcaldiaconcellovilaboa Twitter: ConcelloVilaboa Instagram: alcaldiaconcellodevilaboa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6.043 habitantes (2.943 homes e 3.100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Xeografía

O concello, de 37,54 km², atópase no interior da ría de Vigo, na enseada de San Simón. Abrangue 5 parroquias, e ten 61 lugares. Limita ao noroeste con Marín, ao norte e o leste con Pontevedra, ao sur coa ría de Vigo e ao suroeste con Moaña. No concello está a lagoa de Castiñeiras, e en Figueirido nace o río dos Gafos. Outros cursos menores son o río Maior e o rego de Tuimil.

Demografía

Os seus 6.043 habitantes están repartidos nas súas cinco parroquias, cunha forte dispersión da poboación. Ademais, o concello conta cunha das colonias musulmás máis grandes de Galicia, que ronda as 200 persoas. A capital do concello é O Toural, na parroquia de Vilaboa.

Censo total (datos 2016) 6.043
Menores de 15 anos 808 (13,37 %)
Entre 15 e 64 anos 3.747 (62,01 %)
Maiores de 65 anos 1.488 (24,62 %)

Comunicacións

O concello está atravesado de norte a sur pola N-550 e de leste a oeste pola N-554. Amais, crúzao a AP-9, partindo do concello a ponte de Rande. Tamén pasa por Vilaboa o eixe atlántico de alta velocidade; antigamente funcionaba a estación de Figueirido. A capital municipal (O Toural), dista uns 10 km da Praza da Ferrería, centro da cidade de Pontevedra, e uns 19 km da Porta do Sol, centro da cidade de Vigo. Outras localidades próximas son Arcade (Soutomaior), a 6 km, Redondela, (14 km), ou Moaña (16 km).

Historia e patrimonio

Os restos máis antigos de asentamentos humanos datan da época dos megálitos. A mámoa do Rei está situada no camiño que rodea o lago de Castiñeiras. Conta con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos diferenciados. Ten uns 5000 anos, e foi restaurado no 2003. Preto del hai 8 mámoas do neolítico. As mámoas da Chan da Cruz foron escavadas en 1972, 1983 e 1984.

Do período castrexo consérvanse os restos dun castro no lugar de Acuña, coñecido como castro de Monte da Croa. Conta con murallas, e nel foron atopados utensilios de uso caseiro. Hai outro castro, sen escavar, no monte de Coto Loureiro, entre as parroquias de Figueirido e A Canicouva (Pontevedra).

Da época da romanización é a Vía XIX do itinerario de Antonino, da que se atoparon no concello catro miliarios, conservados no Museo de Pontevedra. Desde o medievo, por esa vía discorre a vía portuguesa do camiño de Santiago. O topónimo de Vilaboa ten orixe latina, de Villam Bonam, "Casa de campo boa".

Da Idade Media consérvanse os alicerces do castelo de Santo Adrián de Cobres, ademais de vestixios románicos na igrexa de San Martiño de Vilaboa. O castelo de Uveiras foi construído cara aos séculos XIV e XV e foi destruído pola armada anglo-holandesa en 1702 na batalla de Rande. Atópase a uns 100 m de altitude, e na actualidade consérvanse os alicerces e parte dos muros, cunha altura máxima de 5 m e unha anchura de 1,5 m. A forma adáptase á topografía do terreo, con esquinas en ángulo e un pequeno bastión no lado nordés. O terreo cae en pendente pronunciada cara ao sueste, e en pendente suave cara o nordés. Na zona localizáronse restos de ánforas e cerámica romana.

Petróglifo de Chan dos Areeiros.

Entre as parroquias de Vilaboa e Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros[6], con inscricións medievais.

As salinas do Ulló foron explotadas desde 1694 polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra, sendo privatizadas trala desamortización de Mendizábal. No mesmo lugar construíuse a finais do século XIX un muíño de mareas, do que apenas quedan restos.

Durante o antigo réxime as terras do concello pertencían á xurisdición de Pontevedra, señorío do arcebispado de Compostela. En 1821 constituíronse como concellos Cobres e Vilaboa, que se fusionaron en 1835. En 1925 a parroquia de Domaio (do concello de Moaña) pediu unirse a Vilaboa, mais a proposta non foi adiante ao non xustificarse administrativamente. En 1960 o concello de Pontevedra solicitou a anexión do de Vilaboa, mais o pleno municipal non o aceptou.

Recentemente, vivíronse dous conflitos sociais de certa importancia no concello. Houbo unha forte mobilización veciñal ante a construción do tramo da AP-9 entre a ponte de Rande e Pontevedra. Entre 1997 e 1999 houbo fortes protestas ante o proxecto de construción dunha empacadora de residuos da empresa Sogama en Bértola e Figueirido.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilaboa.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Lugares de Vilaboa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Vilaboa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vilaboa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. "Comezan en Vilaboa os traballos de posta en valor dos petróglifos de Chan dos Areeiros", artigo en Pontevedra Viva, 3 de setembro de 2015.

Véxase tamén