Enseada de San Simón
| Tipo | Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais corpo de auga | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Redondela, España, Soutomaior, España, Pontevedra, España, Vilaboa, España e Moaña, España | |||
| ||||
| Bañado por | ría de Vigo | |||
| Características | ||||
| Superficie | 2.230,08838 ha | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2004 | |||
A enseada de San Simón é a enseada na cabeceira da Ría de Vigo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e que vai desde o estreito da Ponte de Rande ata as enseadas de San Simón e enseada de Vilaboa, acollendo as salinas de Ulló, a illa de San Simón e as illas Alvedosas.[1]
Xeografía e xeoloxía
[editar | editar a fonte]Está situada na cabeceira interior da ría de Vigo, que é un esteiro. Comeza no estreito de Rande e baña os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. De norte a sur mide sete quilómetros de longo.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]Na zona intermareal das augas do esteiro, que son de lama e area, abundan as pradeiras de algas denominadas Zosteretum marinae e Zosteretum noltii. Destaca a vexetación halófita.[1]
Fauna
[editar | editar a fonte]Entre as especies animais propias da zona están o choco, polbo, lura, sardiña, rapante, faneca, muxo, cabaliño de mar, ameixa, berberecho, navalla ou carallote e o mexillón.
No esteiro hai aves anátidas e aves limnícolas, que paran na enseada durante as súas migracións.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista da Ría de Vigo, na que se aprecia o exterior do espazo natural.
-
Illa de San Simón desde a praia de Cesantes.
-
Illa de San Simón e a Ponte de Rande.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Enseada de San Simón".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enseada de San Simón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Román Losada, A. (2009): Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón. Asociación Cultural Alén Nós de Redondela.
