Figueirido, Vilaboa
| Santo André de Figueirido | |
|---|---|
Vista xeral da parroquia | |
| Concello | Vilaboa[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°22′10″N 8°37′44″O / 42.369444444444, -8.6288888888889 |
| Área | 3,74 km² |
| Poboación | 770 hab. (2022) |
| Densidade | 205,88 hab./km² |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 770 habitantes (365 homes e 405 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación. É a parroquia menos poboada do concello.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra). A parroquia está situada na Depresión Meridiana. Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte. O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino. Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Madoz, na parroquia había un portádego no camiño de Pontevedra cara a Vigo e Tui[3].
Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela. Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica. Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.
Na parroquia está a base militar da BRILAT.
Deportes
[editar | editar a fonte]Na parroquia está o Figueirido CF que xoga na 2ª División Rexional.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Figueirido
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Figueirido no concello pontevedrés de Vilaboa | |
|---|---|
|
O Alcouce | Balteiro | Bergunde | Borrateiros | A Boullosa | Canaval | Casfalcón | As Croas | O Pazo |
Parroquias de Vilaboa
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Madoz, Pascual (1847). "FIGUEIRIDO (SAN ANDRES)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII. Madrid. p. 84.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Figueirido, Vilaboa |