Lagoa de Castiñeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°21′46″N 08°40′28″O / 42.36278, -8.67444

Marin Lago vista.jpg
Lago Castiñeiras, Vilaboa.jpg
Vista aérea no 2014.

A lagoa de Castiñeiras é unha lagoa artificial situada no monte de Cotorredondo (entre a comarca do Morrazo e a de Pontevedra), entre os termos municipais de Vilaboa (parroquia de Vilaboa, xunto aos lugares da Graña e Postemirón) e Marín (parroquia de San Xián).

Situación[editar | editar a fonte]

Ao redor da lagoa sitúase un dos parques forestais máis antigos de Galicia, o Parque da Natureza Lagoa de Castiñeiras, situado en montes comunais e xestionado pola Xunta de Galicia. Está rodeado dunha masa forestal creada a partir dos anos 50 pero que probablemente teña a súa orixe nas primeiras plantacións do plan de reforestación da provincia de Pontevedra, iniciadas o 3 de xaneiro de 1927. Actualmente o parque conta cunhas 70 ha de superficie repoboadas con castiñeiros, bidueiros, carballo americano e outras especies exóticas.

Dentro do parque atópase unha caseta de información e a Aula de Natureza de Cotorredondo, ambas as dúas xestionadas pola cooperativa Teixugo.

No parque atópase un campo de catro mámoas entre as que destaca a Mámoa do Rei.

Accédese pola estrada de Figueirido, dende a N-550, ou ben dende Vilaboa a través de distintos camiños forestais (401, 105).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]