A Canicouva, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°22′18″N 08°36′51″O / 42.37167, -8.61417

Santo Estevo da Canicouva
Igrexa de Santo Estevo da Canicouva, Pontevedra.jpg
ConcelloPontevedra
Área4,38 km²
Poboación280 hab. (2012)
Densidade63,93 hab./km²
Entidades de poboación3

Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación,[1] o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.

A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas) e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).

Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionada ao de Pontevedra.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.

No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.

As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Canicouva[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Canicouva no concello de Pontevedra

Cacheiro | A Canicouva

Parroquias de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional para A Canicouva" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.