N-554

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
N-554
Acceso a Redondela
N-554 ao seu paso polo Toural (Vilaboa)
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude10 km
Localización
Inicio N-550  Vilaboa
Fin AP-9   AG-46   PO-551  Domaio

A N-554 é unha estrada nacional, que une a estrada N-550 ó seu paso por Vilaboa, con Domaio, Moaña, onde liga coa AP-9, a estrada PO-551, e a AG-46.

Adoptou esta denominación en 1988[1] logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi reformada en 2009[2].

Mide 10 quilómetros, indo a maioría da estrada paralela á enseada de San Simón e á AP-9. Atravesa as aldeas do Toural, Acuña (parroquia de Vilaboa), Riomaior (Santa Cristina de Cobres), e Santradán (Cobres).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ley 25/1988, de 29 de julio, de Carreteras, no BOE n° 182 de 30 de xullo de 1988 (en castelán).
  2. "O proxecto da reforma da N-554 en Vilaboa incluirá catro rotondas en tres parroquias", artigo en La Voz de Galicia, 27 de febreiro de 2008.