Domaio, Moaña
Domaio | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Moaña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°17′18″N 8°41′01″O / 42.288276111111, -8.6835377777778Coordenadas: 42°17′18″N 8°41′01″O / 42.288276111111, -8.6835377777778 |
Poboación | 2.127 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Domaio é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE[2], en 2014 tiña 2127 habitantes (1030 homes e 1097 mulleres), 75 máis ca en 2004. Ten seis entidades de poboación.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A parroquia está situada na ría de Vigo, ao leste do concello de Moaña, lindando co veciño municipio de Vilaboa a través da parroquia de Cobres.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
No Regueiriño achouse un importante asentamento correspondente ó neolítico final, e na Fontenla documentouse por primeira vez en Galicia a presenza de elementos da cultura do vaso campaniforme fóra de ambientes funerarios. Acháronse tamén na zona ferramentas e armas de cobre e bronce, e consérvanse petróglifos. Da época castrexa é o castro de Montealegre.
A igrexa parroquial de san Pedro é un templo de estilo barroco serodio. Foi construída no século XVIII, logo de que en 1702 a parroquia fose saqueada logo da batalla de Rande. O templo está situado na enseada de Mouro, preto do estreito de Rande. Ten planta rectangular dunha soa nave e presbiterio cadrado con cuberta a catro augas. A gran torre campanario está situada no centro da fachada occidental, e ten dous corpos superpostos: o primeiro, de planta cadrada, con arcos de medio punto abertos nas catro caras, flanqueados por pilastras acaroadas, e rodeado completamente por un monumental balcón balaustrado. O segundo corpo, máis pequeno, é un macizo cilíndrico coroado con cupuliña. Complementan a decoración piramidóns rematados en bóla nos extremos da fachada e no alto das catro esquinas da torre. No interior do templo hai dous retablos barrocos do século XVIII, un deles datado en 1786.
Outro templo relixioso é a ermida de san Bieito, situada no lugar do Calvar.
O Campo de Golf Ría de Vigo foi inaugurado en 1993.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Domaio[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Domaio no concello pontevedrés de Moaña | |
---|---|
O Calvar | Carballido | A Costa | Palmás | San Lourenzo | Verdeal |
Parroquias de Moaña[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moaña | |
---|---|
Domaio (San Pedro) | Meira (Santa Eulalia) | Moaña (San Martiño) | Moaña (Virxe do Carme) | Tirán (San Xoán) |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domaio, Moaña ![]() |