Cobres, Vilaboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°18′13″N 08°39′29″O / 42.30361, -8.65806

Santo Adrán de Cobres
ACobres.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloVilaboa
Área7,56 km²
Poboación1.416 hab. (2013)
Densidade187,3 hab./km²
Entidades de poboación8

Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o INE no 2008 tiña 1.416 habitantes (721 mulleres e 695 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.405 habitantes.

O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é de planta rectangular, con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que é de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.

Nunha parede da igrexa e no muro do adro hai dúas cruces, restos dun primitivo via crucis. Trátase de cruces monolíticas, latinas, grosas, lisas e sen figuras. Presentan sección cuadrangular coas arestas rebaixadas e nos extremos dous brazos e testeiros acabados en cadrados. A primeira delas está pendurada por garfos de ferro na parede exterior dereita, ó carón dunha porta lateral, amosando por debaixo unha mesa/altar moderna. A segunda, apoiada no lateral do muro do adro, pola banda esquerda da igrexa, está sustentada por unha base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas.

O castelo de Uveiras foi construído nos séculos XIV e XV, e destruído durante a batalla de Rande. Consérvase o baseamento e o comezo dos muros, cunha altura máxima duns 5 m e un ancho de 1,5 m. Ten esquinas en ángulo e un pequeno bastión na cara nordés. Está situado nun outeiro a uns 100 metros de altitude, adaptándose á topografía do terreo, en pendente pronunciada cara ao leste e o sur, e máis suave cara ao oeste e norte. Na zona atopouse cerámica romana e restos de ánforas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santo Adrán de Cobres[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cobres no concello pontevedrés de Vilaboa

Cardiña | Curra | Nores | Pazos | Pousada | Santradán | Sobreira | Uveiras

Parroquias de Vilaboa[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]