Emirato de Dubai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEmirato de Dubai
امارة عبدالله (ar) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 25°15′52″N 55°18′42″L / 25.2644, 55.3117Coordenadas: 25°15′52″N 55°18′42″L / 25.2644, 55.3117
EstadoEmiratos Árabes Unidos Editar o valor em Wikidata
CapitalDubai Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.355.900 (2019) Editar o valor em Wikidata (815,73 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.114 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude11 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoMohamed bin Rashid Al Maktum Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico+971 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2AE-DU Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdigitaldubai.ae Editar o valor em Wikidata

O Emirato de Dubai[1] (en árabe إمارة دبيّ , transliterado Imārat Dubayy), é un dos sete estados que constitúen os Emiratos Árabes Unidos, sendo o segundo deles en extensión. A capital do emirato é a cidade de Dubai, onde se acolleu a exposición mundial de 2021.[2]

A máxima autoridade é o emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum.

Dous feitos cruciais a comezos da década dos setenta do século pasado déronlle un gran pulo ó desenvolvemento do emirato. Un foi a independencia e o establecemento da federación en 1971. O outro foi a gran subida do prezo do cru provocada pola crise do petróleo de 1973, que axudou a relanzar as finanzas do estado. O emirato contribúe en gran medida ó PIB dos Emiratos Árabes Unidos. Os servizos como o tranporte, a loxística e o turismo contribúen dun xeito crecente ó PIB do estado, desprazando á tradicional economía baseada na industria petrolífera.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Emirato de Dubai está situado na costa do golfo Pérsico dos Emiratos Árabes Unidos[3], a uns 9 msnm de altitude media[4]. Limita ao sur co emirato de Abu Dabi, ao nordeste co de Sharjah e ao sueste co sultanato de Omán a través do exclave de Hatta, que tamén fai fronteira cos emiratos de Ajmán polo oeste e co de Ras al-Jaima polo norte. Ten unha superficie de 4113 km², que representa unha expansión significativa pois nos seus inicios contaba con 3885 km², por mor das reclamacións sobre a súa soberanía no mar[5].

O Khor Dubai é un rego que vai desde o nordeste cara ao suroeste, atravesando toda a capital[3]. No leste da capital do emirato está a localidade de Deira, que limita co emirato de Sharjah ao leste e coa localidade de Al Aweer ao sur.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Un dugongo.

O deserto de area que rodea a capital posúe algunhas palmeiras datileiras. Os lirios crecen nas chairas occidentais dos sabkha, ao leste da cidade, mentres que as acacias e os ghaf crecen nas chairas interiores, preto das montañas occidentais de Al Hayar. Varias árbores autóctonas como a palmeira datileira e os neem, así como árbores importadas como os eucaliptos, crecen nalgúns parques naturais do emirato.

As especies animais máis comúns nos desertos da zona son a avetarda hubara, a hiena raiada, o caracal, o raposo do deserto, os falcóns e o órice de Arabia. O territorio constitúe un paso de migración entre Europa, Asia e África, polo que máis de 320 especies de aves migratorias atravesan o emirato entre a primavera e o outono. Nas augas próximas á costa viven máis de 300 especies de peixes, como o mero. Nas augas máis afastadas hai tamén peixes tropicais e medusas, así como corais, dugongos, golfiños, baleas e tiburóns. Tamén hai varios tipos de tartaruga, como a tartaruga carei ou a tartaruga verde, ambas as dúas consideradas en perigo de extinción[6][7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dubai". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 731. 
  2. "Home | Connecting Minds, Creating the Future | Expo 2020 Dubai". www.expo2020dubai.com (en inglés). Consultado o 2021-03-29. 
  3. 3,0 3,1 "Dubai", en Google Maps.
  4. Geographic coordinates of Dubai, United Arab Emirates, en Dateandtime.info (en inglés).
  5. Dubai Arquivado 14 de xullo de 2015 en Wayback Machine., en Dubaifaqs.com (en inglés).
  6. "Flora and fauna of Dubai", en Gowealthy.com (en inglés)
  7. "Natural UAE" Arquivado 26 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., en UAEinteract.com (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]